lunes, 9 de febrero de 2015

Con moito amor

Febreiro é un mes moi amoroso! Durante estos días imos celebrar o día do amor e amizade.

Propómosvos unha actividade de plástica e lingua.

Primeiro faremos pareados dedicados ás persoas máis queridas
para nós ( pais, irmás, amigos, mestres...)

O pareado é unha forma de estrofa de dous versos que riman entre si. A rima pode ser anonante ou consonante.

Para facer os pareados, pensade en palabras que rimen con agasallos que lle poidades facer as persoas queridas: flor, libro, sorriso, abrazo, bico...

Exemplo:
Envioche un abrazo
envolto nun lazo.

Cando teñades o pareado feito, temos que  debuxar un cómic e escribilo nun papel especial, A continuación  facemos un sobre e metémolo dentro.

Veña, verdes que divertido vai ser!

Este é o meu pareado:
Con moito, moito cariño
mándovos un aloumiño!



No hay comentarios:

Publicar un comentario