domingo, 3 de mayo de 2015

Xogamos coas poesías

Esta poesía de Xan Pericán é tradicional e imos xogar un poco con ela.


Xan Pericán
a cabalo dun can.
O cabalo era coxo,
Tirouno nun pozo.
O pozo era frío,
tirouno nun río.
O río era branco,
tirouno nun campo.
O campo era roxo,
tirouno nun toxo.
O toxo picaba,
Xan berraba
e o can escapaba.

Xosé María Álvarez Cáccamo / Marisa Núñez:
O libro dos cen poemas (Antoloxía da poesía infantil galega)
Ilustracións de Manuel Pizcueta
Ed. Espiral Maior. A Coruña, 2002

Agora só tedes que transformalo, eliminaremos palabras e substituirémolas por outras.
Estades preparados? Veredes que divertido é fácil é!


Xan Pericán
a ------ dun ---.
O ------ era ----,
tirouno nun ----.
O ---- era ----,
tirouno no ---.
O --- era ------,
tirouno no -----.
O ----- era ----,
tirouno nun ----.
O ----    -------,
Xan -------- 
e o ---   --------.

No hay comentarios:

Publicar un comentario