TEMARIO LENGUACASTELLANA

sábado, 28 de febrero de 2015

8 de marzo, Día Internacional da Muller traballadora

O próximo día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller traballadora.


  • Sabedes por que se escolleu ese día para celebralo?
  • O 8 de marzo coñécese como Día Internacional da Muller traballadora, en homenaxe ás mulleres        asesinadas nunha empresa textil de Estados Unidos en 1908 mentras defendían os sues dereitos          laborales como persoas. A fábrica foi incendiada.
  • Quen propuxo eses día?

         Ese día  o propuxo Clara Zetkin, en 1910 durante o segundo encontro internacional de mulleres          socialistas en Copenhagne, para homenaxear ás mulleres obreiras que deron a súa vida  para                esixir mellores condicións laborais.
  • Que pedían as mulleres?
  • As mulleres pedían  e seguen pedindo os seus dereitos: igualdade de horario, de salario, que non as discriminen...

viernes, 27 de febrero de 2015

jueves, 26 de febrero de 2015

Bingo matemático

Vamos a jugar al bingo! Empezamos por la suma y por cada uno se sus niveles; después la resta.



Jugamos con las sílabas: ga, gue ,gui, go, gu

Seréis capaces de no equivocaros? Hay que prestar mucha atención. Vamos a practicar jugando!


Bingo: Repasamos unidades, decenas y centenas

Jugando tenéis que adivinar los números para hacer bingo, verás su descomposición en unidades, decenas y centenas. También os podéis animar con los números de cuatro cifras!


martes, 24 de febrero de 2015

Poema Rosalía pequeniña

                                                                                  Esta poesías gústame moito. Seguriño que a vós                                                                             tamén vos vi encantar.
Escoitade que ben a recitan os meus alumnos do curso pasado

Nós tamén imos a aprendela e recitala verdade?

Representación do poema de Rosalía de Castro

O curso pasado, para celebrar o Día de Rosalia de castro, o meus alumnos representaron este fermoso poema. Seguro que vos vai gustar moito. Desfrutádeo!



Rosalía, na boca dos nenos

Imos ler estas poesías da nosa Rosalía!
Rosalía, sempre  seguindo unha copliña do pobo, imaxina o que di unha muller na súa casa, nas primeiras horas da mañán:  falar cas fillas pequeñas, cando as lava no pilón da fonte; despóis, sobre a comida: os figos, os ovos…, logo cos animais criadoiros da casa: os cans, as galiñas, o gato…

Mesmo estáse a escoitar a leria e as troulas da paroleira.


VENTE, RAPASA

I

Vente, rapasa, 
vente, miniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.

Vente, Minguiño, 
Minguiño, vente;
douche sinón
polo demo do dente.

¡Que auga tan limpa!
¡Que rica frescura!
Vente a lavar,
que é un primor criatura.

Válgame Dios, 
que si auguiña n´houbera,
lama este corpo
mortal se volvera.

Vinde a lavarvos,
andá lixeiriños,
a cara primeiro,
dimpóis os peíños.

¡Ai! ¡qué miniña!
¡Que nena preciosa!
Despois de lavada
parece unha rosa.    

I este miniño
que teño no colo,
dempois de lavado
parece un repolo.

¡Ai! ¡ qué tan cuco!
¡Ai! que saantiño!
Ven ós meus brazos,
daréiche un biquiño.

¡Olliños de gloria!
¡Cariña de meiga!
¡Apértame ben,
corasón de manteiga!

Corre, corre
a que Antona te peite;
corre, daráche
unha cunca de leite.

Corre, corre
a teu pai, Mariquiña,
que come cebola
con pan e sardiña.

II

¡Válgate Dios,
que inda os figos son duros!
¡Mais qué fartiña
en estando maduros!

El e mais eu
i a comadre de abaixo
hemos de ter
que alargar o refaixo.

Rica figueira,
que Dios te bendiga,
que hasme, abofé
de fartar a barriga.

¡Jei!, o dos ovos
que vas de camiño,
¿cantas duciñas
topaches no niño?

¡ Unha nomáis!
¡ Non me teño ca risa!
Ése éche un conto
que vai para a misa.

Dame acá eis,
que un fricol che faría
que ó mesmo rei
que envidiar lle daría.

Xan que non qués,
no camiño che colla
vento de vira
cun saco de molla.

III

-Turra, turra,
Xan, pola burra!
Mira que Pedro
a cadela che apurra.

¡ Aí, desdichada
de min que a vexo,
fincarlle o colmillo
no triste pelexo.

¡Diantre de Xan,
que non corre nin toa!
Ben haia, amén,
que os osos che roa.

¡Churras!, ¡churras!
¡Churriñas, churras!
Cas-qui-tó,
que escorréntalas burras.

Pica, pica,
suriña, pica,
lévalle un gran
ó teu fillo na bica.

Marcha, can,
a ladrar ó palleiro,
¡sei que che agarda
o demoro do cheiro!

¡ Vaiche co can,
que o peixiño lle gusta!
Mais a teu dono
o diñeiro lle custa.

¡Gachí, gachi,
qué dencho de gato!
¡Cómo se farta
no prebe do prato!

¡Inda reventes,
larpeiro rabudo!
¡Que inda na gorxa
che aperten un nudo!

Truca, perico,
no gato rabelo
hasta deixalo
quedar sin un pelo.

Que eu, si outra vez
o camino me atranca,
hei de romperle
no lombo unha tranca.

¡ Aí, qué galiña
Saltóu no valado!
¡Sei que quer vir
a comer de prestado!

Isca de aí,
galiña maldita,
isca de aí,
non me mátela pita.

Isca de aí,
galiña ladrona,
isca de aí
pra cás túa dona.

Symbaloo Rosalia

Aquí vos queda este recompilatorio sobre Rosalía de Castro para que poidades coñecela e desfrutar da súa obra!





Poema de Rosalía

Algúns din ¡miña terra!
Din outros ¡meu cariño!

I este, ¡miñas lembranzas!
I aquel, ¡ou, meus amigos!
Todos sospiran, todos,
por algún ben perdido.
Eu só non digo nada,
eu só nunca sospiro,
que o meu corpo de terra
i o meu cansado esprito,
adondequer que eu vaia
               van comigo.


Rosalía de Castro
(Follas novas, 1880)

A vida de Rosalía de Castro

Imos coñecer a unha das poetisas máis importantes de Galicia: Rosalía de Castro.

Jugamos con C, Z, K, QU

Vamos a practicar la ortografía! Fíjate mucho y seguro que no fallas!!!!



jueves, 19 de febrero de 2015

Entroido 2015

Unha semana de festa, troula e disfraces!


lunes, 16 de febrero de 2015

Los artículos

Estamos descubriendo los artículos, unas palabras que utilizamos mucho. Sabemos que acompañan siempre a los sustantivos y tienen su mismo género y número. Pueden ser:
- Determinados, cuando indican algo conocido. Son: el, la, los y las.
- Indeterminados, cuando indican algo desconocido. Son: uno, una, unos y unas.


Ahora tú puedes hacer otros esquemas con los artículos indeterminados:

O entroido en Galicia

Celebramos o Día do amor e amizade

Como sabedes, esta semana, San Valentín andivo merodeando polo cole e mandounos facer algún traballiño.

Este é o noso mural: Con moito corazón.

jueves, 12 de febrero de 2015

San Valentín: A festa do amor

San Valentín anda merodeando polo cole e  seguimos  coas actividades para celebrar ese día.
Nesta data imos traballar un tema transversal: as capacidades afectivas  de relación interpersoal  entre os nenos.
San Valentín é a escusa perfecta para expresar o afecto entre compañeiros. O noso lema: Con moito corazón.

Empezaremos escribindo palabras que  transmitan amizade, amor, cariño... É impotante, recordar cousas bonitas, sinceras... Cousas que nos axudan a ser mellores, a estar mellor con nós mesmos.
Debuxaredes un corazón e nes escribiredes  esas palabras, esa frases
para facer un mural e  regalarllela a un compañeiro da clase.