TEMARIO LENGUACASTELLANA

lunes, 30 de septiembre de 2019

Traballamos valores

Esta semana, na clase de valores imos ver este vídeo e traballar a mensaxe.

Estade ben atentos!!!

jueves, 26 de septiembre de 2019

Xa temos título para a P.D.I

O Equipo de biblioteca acaba de dar a conecer os resultados das votacións  para elixir o título da P.D.I. deste curso.

Queredes saber cal é?


Cadernillo: O noso corpo

Imos a aprender como é o noso corpo : os sentidos, as súas partes, os músculos e ósos.

Pouco a pouco iremos descubríndoos e anotándoos  neste cadernillo.

Ánimo  rapaces, veredes que fácil e divertido vai ser!

Que impotantes son os xestos!

Os xestos son moi importantes, a traves deles podemos deducir o que alguén pensa, sente ...

DESCÚBREOS!!


Unha visita sorpresa

Hoxe recibimos unha visita moi especial para nós

Achegouse a nosa aula, nada máis e nada menos, que a nosa querida profe Laura, a nosa mestra o curso pasado. 
Que sorpresa tan agradable levamos!!! Puxémonos moi, moi ledos cando a vimos!!!


Estivemos contándolle como nos foi no verán, as cousiñas que estamos facendo,... e ela contounos como é o seu  novo  cole e o seu traballo nel.

Foi moi cariñosa con nós e mesmo nos trouxo un agasallo para cada un.

Querémosche! Volve cando queiras!  Biquiños

miércoles, 25 de septiembre de 2019

Letras e palabras

As letras  forman palabras. Debes distinguir moi ben entre letra e palabra.

O conxunto de todas as letras chámase abecedario


Canción: Palabras y sílabas

Hay una canción muy marchosa de Miliki llamada " Palabras y sílabas". .Seguro que os ayuda a aprender cómo se llaman las palabras dependiendo del número de sílabas que tengan


La sílaba


Escucha bien este vídeo para distinguir la sílaba tónica y átona.
Aprendemos a clasificar las palabras  según la sílaba tónica.




Cuenta las sílabas


Descubrimos la sílaba

Escucha con mucha atención y descubrirás que es la sílaba.

Es muy fácil!!!


Sumas rápidas

En este juego tienes que sumar dos números para obtener el resultado pedido.
Pulsa en la opción CLASIC MODE



lunes, 23 de septiembre de 2019

Reto: Heroe do residuo cero


Eres  un dos que se preocupa polo medio ambiente e queres reducir a contaminación?

Únete aos heroes do residuo cero! 

Non vas ter ningún superpoder pero, si axudar a salvar cada día  ao mundo  co teu compromiso de xerar os mínimos residuos colaborando na casa, no cole.... 

Como podes facelo?

Pedíndolles a papi e mami que cando fan a compra non usen nada de plástico, usando tuuper, vidro, bolsas de tea, papel...

Animándoos a que as merendas sexan feitas na casa: froita, bocadillo, froitos secos, galletas caseiras.... 

Traendo a merenda en recipientes que se poidan lavar, en bolsa de tea ou papel, nunca en plástico nin en papel de aluminio. 
Para a auga podedes traer unha cantimplora, un termo ou recipiente
metálico.

Non desperdicies papel, gárdao para facer operación, escribir recados, mellorar a letra.

Coida o material: lapis, colores e gomas para que non acaben no lixo.

Non tires lixo no patio, na rúa, na alameda... busca sempre o contedor correspondente.

E recorda o refrán: 

domingo, 22 de septiembre de 2019

Conto: A máxia dos sentidos

Presta moita atención e cando remate identifica que sentidos estiveron presentes

sábado, 21 de septiembre de 2019

Vídeo dos sentidos

Vamos a repasar os sentidos. Seguro que  atendendo un pouquiño aprendemos máis!

Mi primer libro del cuerpo humano

Escoitade e prestade moi atención, sobre o noso corpo imos a aprender un montón!

Votamos para elixir o nome da P.D.I. deste curso

Desde a  biblioteca convidáronos a participar nas votacións para elixir o nome da P.D.I desde curso que está relacionada coa conservación do medio ambiente
Primero lemos o cartel cos diferentes títulos e falamos sobre o que significaban para nós.
















De seguido, reflexionamos e dedidimos cal nos gustaba a cada un de nós.


Baixamos á biblioteca e collemos as papeletas, nelas escribimos o número do título elixido.




E finalmente votamos!!!














Cal será o gañador?
Estamos impacientes por coñeceloooo

Descubrimos que é o medio ambiente

Esta semana estivemos investigando que é o medio ambiente. Estas son algunhas das conclusións ás que chegaron. 

 



Moi ben rapaces!!!

Titúlame!


Entre todos os alumnos do cole estivemos buscando un título para a P.D.I. deste curso que vai tratar a conservación do Medio Ambiente.

Foron moitos os títulos propostos. O Equipo de biblioteca seleccionou sete para que  todos votemos o que máis nos gusta. Na entrada da biblioteca están expostos e ali faremos a votación.

Que temos que facer?
    1.     Ler os títulos.
    2.  Pensar cal deles lle vai mellor.
    3.    Memorizar o número que ten
    4.  Coller unha papeleta

    5.   Escribir o número do título que nos gustou dentro da nube.
    6.   Introducir a papeleta na urna.


O Equipo de biblioteca fará o reconto dos votos e pronto  teremos o títulooooo

Participa! O teu voto conta!

miércoles, 18 de septiembre de 2019

O punto e as maiúsculas





  • A primeira letra dun texto, dos títulos dos libros e a que vai despois de punto.
  • Os nomes propios (de persoa, lugar, alcumes, animais…).
  • O artigo que acompaña o nome dalgunhas poboacións: A Coruña, O Barco.
  • As abreviaturas de tratamento: Sra., D., Excmo.
  • As siglas: ONU, RAG
  • A numeración romana: VI, III.
    As abreviaturas dos puntos cardinais: N., S


Cantamos xuntos polo planeta

Como xa sabes, o vindeiro venres imos ter un acto conxunto cos outros centros da localidade para loitar  en contra do cambio climático e e así concienzarnos da importancia que ten para nós. Esta crise do clima é un dos maiores retos que temos que defender, para buscar solucións a este enorme problema. Entre todos é posible.

A idea partiu desta nena, Greta Thunberg, unha nena sueca que faltou a escola para sentarse diante do Parlamento con este cartel  que di: Folga escolar polo clima!








O primeiro que imos facer é aprender a canción  " No matéis mi planeta, por favor" para cantala todos xuntos .

A letra e a palabra

Imos pensar!
É o mesmo unha letra que unha palabra? Non, verdade?
As palabras están formadas por letras e teñen un significado.

Practicade!

Letra ou palabra?


Completa os ocos coas palabras axeitadas



O abecedario

O abecedario, no noso idioma galego, é un chisco diferente que o da Lingua Castelá.
Aquí volo deixamos para que practiquedes!!!!


Decenas y unidades

Forma los números con las decenas y las unidades que necesites arrastrando las que necesites


Repasamos los números hasta el 100

Como sabéis contar muy bien vamos a rellenar los huecos que faltan en un plis plas.




El abecedario

El abecedario está formado por las vocales a,e,i,u y las demas letras que son las consonantes. Todas las letras ordenadas forman el abecedario.

Vamos a cantar el abecedario bailando!





Números de dos cifras

Como sabéis contar muy bien vamos a rellenar los huecos que faltan en un plis plas.


jueves, 12 de septiembre de 2019

Coidemos e defendamos o Medio Ambiente

A finais deste mes imos participar nunha marcha verde  para que entre todos  coidemos do Medio Ambiente pero...
Sabedes que é o Medio ambiente? 
Por que é importante? 
Como podes coidalo deste a túa casa?


Escoitade esta canción que vos da pistasss



Cargade as pilas e pódevos a investigar! Podedes pedirlle axuda aos pais e mamis.

Seguro que o descubrides rapidamente. Traede todo anotado!!!


Enlaces de consulta

ç





Como podes coidar o Medio Ambiente desde a túa casa?
https://eacnur.org/blog/acciones-cuidar-medio-ambiente-casa/

O noso primeiro día de curso


Así comezamos unha nova aventura.

Rematadas as vacacións, xa estabamos desexando  vernos de novo, estar cos amigos e contarnos  como nos foi no verán.

Este ano cambiamos de aula, os compañeiros de 2º A teñen mestra nova  e os de 2º B seguimos coa mesma.

Charlamos un chisco, acomodamos parte de material e decoramos a porta da aula.


Seguimos montando o calendario do tempo co que imos traballar todos os días.



Que fermoso nos quedou!!












E rematamos recordando as formas xeométricas e a resta cos seus términos e a escaleira da casa que ten o ascensor vello que soamente pode subir e nunca baixar! 


Que ben o pasamos!