Estes días, na porta da clase, foron aparecendo carteis con notiñas, un mapa.
Son as primeiras pistas para a andaina que imos facer o luns, se o tempo nos deixa.
A nota decíanos:
Se a peza queres descubrir
ao cruceiro tes que ir.
Este é o cruceiro. Sabedes onde está? Fixádevos moito para localizalo cando estemos chegando!
Seguro que vai ser un día estupendo! E a volta: MAGOSTO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario