Algunhas plantas teñen flores, delas nacen os froitos e dentro dos froitos están as sementes.
Cando o froito está maduro, as sementes caen ao solo. Se a temperatura e humidade son adecuadas, as sementes xerminan e orixinan novas plantas.
Pero... que pasa coas plantas que non teñen flores?
Estate moi atento e descubriralo!!!
A función de reprodución das plantas pode ser de dous tipos: sexual e asexual.
A reprodución sexual é a propia das plantas con flor.
A reprodución asexual é a que permite o nacemento dunha nova planta a partir dun só individuo.
Para entender mellor a reprodución nas plantas cómpre distinguir as súas partes:
Pincha nas imaxes para descubrilas!
Neste vídeo podes ver os distintos tipos de polinización nas orquídeas
Busca no dicionario o significado de:
Polinización, xerminación, estalón, rizoma e tubérculo
No hay comentarios:
Publicar un comentario