Agasallo para os nen@s de Infantil de cinco anos e nen@s de 6º de primaria
Coa nosa adaptación de Don Quixote rematada, empezamos a pensar que podíamos facer con ela. Decidimos regalarllela aos nosos compañeiros de proxecto: Os nen@s de Infantil de cinco anos. Queríamos facelo dun xeito especial!
Repartimos as personaxes e as distintas partes do libro entre cada un de nós. Se seguido empezamos a ensaialo lendo despacio, con boa entonación e dramatizando un pouquiño. Ao principio custounos un pouco saber cando tiñamos que intervir, pero pronto o logramos.
Tomas falsas!
E chegou o día! Estabanos moi nerviosos! No salón de actos estaban os perrechos de cinco anos e os nenos de primeiro esperando polo noso conto...
Na biblioteca os nen@s de sexto!
Ao final todo saíu xenial! Un éxito! E sobre todo, quedamos moi satisfeitos co noso traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario