O Nadal está a volta de esquina.
É momento de comezar as actividades plásticas e con elas decorar a porta da aula.
Como estamos traballando a reciclaxe, o material que imos utilizar na decoración, vai ser maioritariamente: reutilizado e reciclado.
Partimos de rolos de papel, anacos de limpapipas, retais de fíos e cintas...
Con eles imos facer o noso calendario de adviento. Dobramos os rollos de papel para convertelos nas caixinas que gardararán a sospresa.
O seguinte passo, decoralo con fíos, limpapipas, teas, cintas, redes onde veñen os alos ou as laranxas...
De seguido numeramos as caixiñas.
E a decorar a porta!
Usamos como fondo, un antigo Papa Noel, que tiña a profe gardado doutro ano.
Entre todos decidimos porlle nas costas o calendario de advinento a modo de saco de agasallos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario