Rematamos as actividades relacionadas coa amizade e o amor descubrindo a Kandisky.
Investigamos para descubrir a súa biografía, a súa traxectoria como pintor e quixemos imitalo pintando corazóns utilizando as cores preferidas del.
De seguido, pensamos en facer un mural, no que plasmar a información recabada e os nosos corazóns. Comezamos elixindo cartolinas de cores nas que pegar cada unha delas.
A continuación buscamos o xeito de colocar cada peza no mural tentando combinar as cores das cartoinas.
E pouco a pouco foi tomando forma.
Rematamos o mural! Quedou chulo, verdade?
Colocámolo no corredor para compartilo con todos!!! Foi moi especial e fermoso o descubrimento de Kandinsky e a súa obra, tanto, tanto, que decidimos facer un cadro abstracto seguíndoo.
Sodes uns artistas xeniais!!!! Bo traballo rapaces
No hay comentarios:
Publicar un comentario