Ola rapazada! Antes de nada, queremos felicitar a todos os papis, hoxe é o seu día. Eles xunto coas mamís sempre están as voso lado, coidándosvos, ensinándovos, queréndovos... Para eles!!!
Sabemos que vos gusta moito achuchar a papá e mamá, pero agora non debemos facelo. Pensade entre todos outro xeito divertido de facelo. Ideas: Saltar tres veces, chocar os cóbados... Xuntádevos e decidede como facelo. E como é festa, que mellor que bailar! Desde Aulas galegas invítanos a seguir a estes rapaces do CEIP Bandeira de Campolongo. Ensaia ti primeiro e despois chama pola túa familia e a moverse!
No hay comentarios:
Publicar un comentario