Ola familias!
Hoxe damos comezo á esta 3ª Avaliación tan peculiar.
Á diferenza de estas últimas semanas, nas que as actividades plantexadas polos docentes eran voluntarias, ahora, pasan a ser de obrigado cumprimento, sendo só algunhas avaliables; cada un dentro das súas posibilidades e situacións particulares...¡Seguimos traballando!
Non perdamos á perspectiva, sabemos que son tempos difíciles.
Como cada mestre decidiu empregar a plataforma que lle pareceu mais axeitada para o seu alumnado, aquí vos deixamos un cadro resumo de cada curso, no que aparece a plataforma empregada por cada un e como acceder a ela, así coma o contacto de cada un de nós.
Queríamosvos transmitir unha mensaxe de calma, e facervos saber que estamos á vosa disposición para calquera dúbida que vos poida xurdir.
Dende o centro transmitirvos todo o noso apoio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario