En 2º B temos un novo compañeiro e non podemos estar máis contentos e contentas. Sen dúbida, esta piña medra cada día máis!!! Que alegría!!
Por iso, con todo o noso agarimo, preparámoslle este cartel de benvida no que reflexamos os nosos gustos, preguntas, curiosidades... Dito agasallo permitiu que nos coñecesemos un chisquiño. Grazas por ensinarnos tanto en tan pouco tempo! E o que nos queda!!!
Presta moita atención! Descubrirás algúns hábitos saudables na túa alimentación. Recorda que temos que aprender o nome das cnco comidas en galego! GALEGO CASTELÁN Almorzo Desayuno Media mañá Almorzo Xantar Comida Merenda Merienda Cea Cena
Recorda para sempre estes hábitos na túa alimentación diaria:
Come cinco veces ao día.
Come polo menos cinco racións de froita e verdura cada día.
Combina alimentos enerxéticos, construtores e reguladores de xeito equilibrado.
Non abuses de alimentos ricos en graxas nin bollería industrial.
El metro es la unidad Internacional de medida. Vamos a descubrirlo! Todos sabéis que tiene 100 cm que es una de las unidades que usamos para medir longitudes pequeñas, pero... para medir longitudes grandes, ¿ Qué unidad usamos? Seguro que lo sabéis, pensad un poco!
Con toda a información recabada dos xogo tradicional dos zancos, estamos a facer un cartel. Para elo usamos materiais de refugallo, seguindo coa nosa teima de reutilizar: Cartón, plástico de burbullas, anacos de folios ... Este é o proceso que temos que seguir! E seguímolo tal e como o explicou a nosa compañeira Mía.