Así que, imitando anena sueca Greta Thunberg que
iniciou a loita pola defensa do clima, nos unímonos a ela facendo esta marcha
verde.
O primeiro que fixemos foi ensaiar un chisco a formación do noso mural. Tamén fixemos as fotos de grupo.
De seguido, chegaron os nosos padriños e xuntos ensaiamos a canción " No matéis mi planeta, por favor"
E... chegou o momento de saír cara o Castelo de Santa Cruz!
Ali, atopámonos cos compañeiros dos coles Sinde, e Solanas, e Avelaíña!
Comeza o acto coa lectura dun manifesto!
Entre todos os asistentes cantamos!
Despois chegou o momento que máis nos gustou. Prantar a nosa landra dentro dun zapato vello como símbolo do noso compromiso co coidao e defensa do planeta!
Este é o noso lema!
E quedou así de ben plantado!
Foi unha actividade que nos encantou, ben seguro que recordaremos para a vida!
Desde a biblioteca convidáronos a participar nas votacións para elixir o nome da P.D.I desde curso que está relacionada coa conservación do medio ambiente Primero lemos o cartel cos diferentes títulos e falamos sobre o que significaban para nós.
De seguido, reflexionamos e dedidimos cal nos gustaba a cada un de nós.
Baixamos á biblioteca e collemos as papeletas, nelas escribimos o número do título elixido.
E finalmente votamos!!!
Cal será o gañador? Estamos impacientes por coñeceloooo
Rematadas as vacacións, xa estabamos desexando vernos de novo, estar cos amigos e contarnos como nos foi no verán.
Este ano cambiamos de aula, os compañeiros de 2º A teñen mestra nova e os de 2º B seguimos coa mesma.
Charlamos un chisco, acomodamos parte de material e decoramos a porta da aula.
Seguimos montando o calendario do
tempo co que imos traballar todos os días.
Que fermoso nos quedou!!
E rematamos recordando as formas xeométricas e a resta cos seus términos e a escaleira da casa que ten o ascensor vello que soamente pode subir e nunca baixar!