Mostrando entradas con la etiqueta Cousas da aula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cousas da aula. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de marzo de 2020

Convertémonos en escritoras/os por un día!


Ola rapazas e rapaces! 

Comezamos a semana e como non podía ser doutro xeito o facemos con moita enerxía. Por iso, as mestras de segundo vos propoñen a seguinte tarefa: inventar o final dun conto 


Pulsando na imaxe  atoparedes toda a información necesaria para desenvolver a tarefa: o fragmento do conto,  os pasos a seguir, recomendacións...




Sabemos que sodes moi creativas e creativos, polo que estamos seguras que os resultados serán marabillosos!! Non dubidedes en remitírnolos á conta de correo asignada a cada curso.

Unha aperta vitual! :) 



Luns 23 de marzo

Bos días rapaces! Sodes xeniais!! Aí quietiños na casa coas vosas familias. Siguede cumplindo a norma: QUEDA NA CASA!

Comezamos un novo día de traballo. Imos seguir un pouco as rutinas da aula.

Primero imos correxir as tarefas.

Sabemos que sodes uns investigadores marabillosos, pero tedes que comprobar que as vosas indagacións son axeitadas.

As aves

Compara  e corrixe se é preciso



ESQUEMA

O voso esquema poder ser diferente a este. O importante é que teña os memos contido. Completa se é preciso. Agora estúdiao!!!


Galego

Os antónimos

1.- Marca con X e fai parellas de antónimos
     Acabar- empezar
     Quitar- dar
     Baixar- subir
     Desfacer - facer

2.- Cambia a palabra destacada por un antónimo
      Doado- difícil
      Nunca - sempre
      Poucas - moitas
      
3.- Completa a adiviña
       Calor sempre, pero frío nunca dá,
       acendido si, porque apagado non está,
       a el pódeste achegar,
       máis non lle debes tocar.

A comparación

1.- -Contesta
       Laura é menos alta que Xavier.
       Isabel é igual de alta que Xavier.
       Isabel é máis morena que Laura.

Ortografía

1.- Rodea de azul as palabras con r suave  de vermello as que levan o son forte.

     Berta e Miguel saían da casa e ruaban ata chegaren onda o mar. Corrían ata os piñeirais da ladeira       e choutaban nas rochas, porque a ledicia do verán os facía medrar para arriba.

2.- Con r ou rr
      inverno       perruca        aventura          sorrir          carnaval         rabaño

As contraccións

1.- Une e forma oracións

      Teño unha amiga moi divertida.
      Disfraceime de pantasma cunha saba branca.
      Esa é a chaqueta dunha prima miña.

2.- Completa as oracións

      Tomo os cereais nunha cunca.
      Mario cose a tea cunha agulla de fío verde.
      As pinturas están gardadas nunha caixa.
      Esta é a folla dunha maceira.

3.- Sopa de letras
      
         E  N  R  X  O
         B  U  N  H  A  G
         T  N  M N  Z  P
         I  H  C  U  V  E 
         S  C  Q  F
         Ñ  A  H  N  U D

Bo traballo rapaces! 

Agora seguide co traballo que tiñades preparado para o día de hoxe

Facede un descanso, mentras podedes ir bailando a canción que temos entre mans.

E para rematar, ides a ser escritores.  Mirade a entrada  seguinte que volo explica todo.

Este aplauso para vos e as vosas familias!!!



sábado, 21 de marzo de 2020

Ideas para pasar a fin de semana!

Por si queredes pasar un ratiño  enredando, deixámosvos estas propostas.

CURIOSIDADES

animales-raros

Seguro que nunca viches este animal. Son unhas aves moi curiosas chamadas SILKIES .

Son unhas aves moi suaviñas e esponxosas. As súas plumas teñen a textura da seda.
Pero o máis curioso deles é que teñen a pel e os ósos negros, os lóbulos das orellas azuis. A diferenza dos polos comúns, os SILKIES, teñen cinco dedos en cada pata.



XOGA E REPASA

Os polígonos son moi importantes e están presentes nas nosas vidas. Xoga con eles e pasa un ratiño divertido!


APRENDE A DEBUXAR UN GATIÑO




A MOVERTE!



BOA FIN DE SEMANA!!! 
              E QUEDA NA CASA!! 
                              ESTO VAI SAÍR BENNNN

viernes, 20 de marzo de 2020

Os vosos traballos comezan a chegar!

Ola rapaces!
Están chegándome fotos dos vosos traballos. Que contenta me poño cada vez que me enviades algunha fotiño do que estades facendo!

Esto permítenos comprobar como estades traballando e o responsables que
sodes. 

Bo traballo rapaces!




Xa sabedes, podédesme preguntar as dúbidas que teñades.

Mañá espero esas fotos dos esquemas das aves!!!  Despois porei o meu para que comparedes e completedes se é preciso


Tarefas para o día 20 de marzo

Bos días rapaces e rapazas!
Comezamos un novo día de traballo desde a casa.

Comezamos polas tarefas que temos marcadas no horario planificado.

Como xa sabemos que en C. Naturais  sabedes todo o que déramos na clase, imos a comezar co seguinte tipo de animais vertebrados: AS AVES

Se colles o cadernillo dos animais verás que tedes que investigar e descubrir unha morea de cousas relacionadas coas aves( páxina 11)

Deixámosvos estes vídeos para que poidades buscar as respostas axeitadas. E para rematar tendade facer un esquema  sinxelo.

Alá imos!



Repasamos







jueves, 19 de marzo de 2020

A profe equivócase!

Ola rapazada! 
Xa estou vendo que vos dichedes conta do meu erro nas respostas 10 e 11 da autoavaliación de C. Naturais. As respostas están cambiadas. Fíxenvos pensar verdade? Pero, seguro que tamén vos deteis conta que unha delas estaba escrita diferente.
Vedes como todos temos fallos! Non pasa nada, correximos e listo.

Xa me estades mandando fotiños traballando, lendo... 
Como me gustan!!!!

Estou esperando esas notas de C. Naturais! Xa me tardan!

Como estou segura, que as notas son fabulosas, mañá comezaremos a coñecer as aves.

Día de festa

Ola rapazada! Antes de nada, queremos felicitar a todos os papis, hoxe é o seu día. Eles xunto coas mamís sempre están as voso lado, coidándosvos, ensinándovos, queréndovos...

Para eles!!!




Sabemos que vos gusta moito achuchar a papá e mamá, pero agora non debemos facelo. Pensade entre todos outro xeito divertido de facelo. Ideas: Saltar tres veces, chocar os cóbados... Xuntádevos e decidede como facelo.

E como é festa, que mellor que bailar! 
Desde Aulas galegas invítanos a seguir a estes rapaces do CEIP  Bandeira de Campolongo. 
Ensaia ti primeiro e despois chama pola túa familia e a moverse!


jueves, 19 de diciembre de 2019

Unha sorpresa moi agradable!

Estamos felices coa sorpresa destes últimos días de trimestre.

Desde o mércores xa non temos timbre para entrar,  nos cambios de hora e nas saídas. Agora facémolo con música!!!!

Nós celebrámolo deste xeito: bailando!!!





jueves, 12 de septiembre de 2019

O noso primeiro día de curso


Así comezamos unha nova aventura.

Rematadas as vacacións, xa estabamos desexando  vernos de novo, estar cos amigos e contarnos  como nos foi no verán.

Este ano cambiamos de aula, os compañeiros de 2º A teñen mestra nova  e os de 2º B seguimos coa mesma.

Charlamos un chisco, acomodamos parte de material e decoramos a porta da aula.


Seguimos montando o calendario do tempo co que imos traballar todos os días.



Que fermoso nos quedou!!












E rematamos recordando as formas xeométricas e a resta cos seus términos e a escaleira da casa que ten o ascensor vello que soamente pode subir e nunca baixar! 


Que ben o pasamos!