Outra semaniña máis está a piques de rematar. Pero
como sodes tan responsables sabemos que estaredes repasando a planificación
para ver que tarefas tedes que facer. Hoxe tocan as seguintes:
- Lingua Galega e Literatura: tarefa
receita e unidade 12 do libro Comprendetextos
(completa).
-Plástica: proxecto Torre Eiffel, tarefa
3. Para saber en que consiste a tarefa, anímovos a que entredes na seguinte
imaxe:
A maiores, as mestras queremos compartir con vós un conto moi
interesante que nos axudará a entender o Coronavirus e outros virus existentes. Ao longo da mañá atoparédelo no baúl. Nel propoñen actividades moi interesantes... Non
dubidedes en facelas, se vos apetece.
En primeiro lugar, gustaríame agradecervos a gran acollida que teñen as actividades propostas dende a titoría.Sabedes que esta situación excepcional provocou
que tivésemos que modificar moitos aspectos á hora de desenvolver as tarefas.
Pero estou moi orgullosa da vosa resposta e do gran esforzo que están facendo as familias.
Desta forma, quérovos ensinar algúns dos marabillosos resultados. Neste
caso sobre a tarefa 2, do proxecto “A torre Eiffel”:
Preparados/as para quedar
abraiados/as?
Por certo, unha compañeira decidiu sorprendernos facéndolla en 3D e outro compañeiro engadiu habitantes:
Moitas grazas por remitirme as imaxes, así podemos ver diferentes propostas. Todas son marabillosas!!
Finalmente, tal como se indica na planificación, o venres 3 de marzo teredes nunha nova entrada as instrucións para desenvolver a tarefa 3 do proxecto "A torre Eiffel".
A semana pasada pedinvos que debuxásedes a Torre Eiffel, e agora
coñeceredes para que nos vai a servir ese debuxo. Veredes, a segunda actividade consistirá en que recubrades o debuxo con materiais de reciclaxe.
Para iso podedes facer bóliñas de papel de periódico ou revistas, con pallas
(“pajitas”), con palillos, con cortiza, macarróns…
Se algún ou algunha xa recubriu o debuxo con cores, non pasa absolutamente
nada! Pode volver a facer outro e
completalo con algún material de reciclaxe que teña pola súa casa.
Poño a vosa disposición, de novo, os pasos para debuxala, por se alguén non puido facela a semana pasada así como outro modelo:
Aquí podedes observar algúns exemplos:
Algúns compañeiros/as remitíronme as imaxes da tarefa 1 do proxecto, polo que volos ensino para que vexades que marabilla:
Bravo! Moi bo traballo!
Espero ansiosamente as imaxes das vosas creacións á conta de correo de 2ºB.
Espero que esteades moi ben, non vos
podedes nin imaxinar as ganas que temos de volver á rutina diaria. Pero con
paciencia, todo chegará e estaremos de novo compartindo momentos e aprendendo
xuntas e xuntos.
Se facedes un pouquiño de memoria recordaredes que durante as últimas
semanas estivemos traballando na Torre Eiffel. Concretamente na súa recreación
mediante cortizas e tamén indagando sobre a mesma.
Concretamente o última día de clase case a rematamos, polo que non nos
queda nadiña. Á volta continuaremos para poder ensinarlle ás familias, mestres
e restos de compañeiros/as do cole o froito do noso traballo e esforzo así como
o proceso de construción. Pero ata ese momento, gardaremos todos eses marabillosos
recordos na nosa mente.
En canto áindagación foi un proceso que realizamos divididos en
equipos cooperativos. A cada equipo asignóuselle unha cor (verde, lila, rosa e
azul), desta forma cada un ocupouse dun aspecto: datos xerais, características,
contexto histórico, descrición e proceso de construción.
Esta tarefa tan complexa constou de varios
pasos:
-1º Lectura rotativa da parte asignada a cada equipo polos
membros do mesmo.
-2º Subliñaron a información que os compoñentes do equipo
consideraron importante.
Non foi unha tarefa sinxela, xa que como é normal non todas e todos os
compoñentes do equipo estaban de acordo á hora de escoller a información. Pero
mediante o diálogo chegamos a acordos que nos permitiron seguir progresando.
A continuación podedes observar
imaxes de dito proceso tan enriquecedor:
Que orgullosa estou do voso traballo e esforzo!
O resultado atoparédelo a
continuación pulsando na seguinte imaxe:
Non obstante, como sempre vos digo, a aprendizaxe é
un aspecto que nunca remata. Todas e todos continuamos aprendendo día a día.
Polo que nós tampouco nos imos render, non? Por iso déixovos a continuación
varios vídeos para que poidades aprender un pouquiño máis.
Por último,
anímovos a que fagades un debuxo da
torre Eiffel nos vosos fogares (tarefa 1). Para iso, podedes pedirlle axuda a mamá,
papá, tía/o… Así pasaredes un rato entretido! Sede creativos e creativas!!!
Na imaxe podedes observar uns sinxelos pasos para debuxala, pero só é un modelo.
Á volta, entre
todas e todos, realizaremos un mural no que expoñeremos ditos debuxos.