sábado, 21 de marzo de 2020

Proxecto 2ºB: A torre Eiffel

Ola  rapazas e rapaces!! 


Espero que esteades moi ben, non vos podedes nin imaxinar as ganas que temos de volver á rutina diaria. Pero con paciencia, todo chegará e estaremos de novo compartindo momentos e aprendendo xuntas e xuntos.

Se facedes un pouquiño de memoria recordaredes que durante as últimas semanas estivemos traballando na Torre Eiffel. Concretamente na súa recreación mediante cortizas e tamén indagando sobre a mesma.

Concretamente o última día de clase case a rematamos, polo que non nos queda nadiña. Á volta continuaremos para poder ensinarlle ás familias, mestres e restos de compañeiros/as do cole o froito do noso traballo e esforzo así como o proceso de construción. Pero ata ese momento, gardaremos todos eses marabillosos recordos na nosa mente.

En canto á indagación foi un proceso que realizamos divididos en equipos cooperativos. A cada equipo asignóuselle unha cor (verde, lila, rosa e azul), desta forma cada un ocupouse dun aspecto: datos xerais, características, contexto histórico, descrición e proceso de construción.

Esta tarefa tan complexa constou de varios pasos:

-          1º Lectura rotativa da parte asignada a cada equipo polos membros do mesmo.
-          2º Subliñaron a información que os compoñentes do equipo consideraron importante.

Non foi unha tarefa sinxela, xa que como é normal non todas e todos os compoñentes do equipo estaban de acordo á hora de escoller a información. Pero mediante o diálogo chegamos a acordos que nos permitiron seguir progresando. 

A continuación podedes observar imaxes de dito proceso tan enriquecedor:








              Que orgullosa estou do voso traballo e esforzo!
                          












O resultado atoparédelo a continuación pulsando na seguinte imaxe:

Non obstante, como sempre vos digo, a aprendizaxe é un aspecto que nunca remata. Todas e todos continuamos aprendendo día a día. Polo que nós tampouco nos imos render, non? Por iso déixovos a continuación varios vídeos para que poidades aprender un pouquiño máis.





Por último, anímovos a que fagades un debuxo da torre Eiffel nos vosos fogares (tarefa 1). Para iso, podedes pedirlle axuda a mamá, papá, tía/o… Así pasaredes un rato entretido! Sede creativos e creativas!!!



Na imaxe podedes observar uns sinxelos pasos para debuxala, pero só é un modelo. 


Á volta, entre todas e todos, realizaremos un mural no que expoñeremos ditos debuxos. 
A profe tamén vai facer o seu.


Unha aperta virtual ! J

No hay comentarios:

Publicar un comentario