Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto : Unha pinga de auga 2º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto : Unha pinga de auga 2º. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de noviembre de 2019

Poesía: A nena que salvou o planeta

A nena que quería salvar o planeta

Isto érase , que se era
unha neniña calquera.

Soñaba esperta
con salvar o planeta!

Era unha nena moi lista,
ademais dunha artista!

Con cordas, latas, tacholas
facía lindas marionetas!
  
Os cartóns e caixas usaba
para facer casas de fadas!

E con moita arte pintaba
e con macarróns decoraba!

A auga non malgastaba,
pois sabía que se necesitaba.

As plantas e animais morrían
se auga non bebían!

As luces pronto apagaba,
malgastala luz lle molestaba!

Á súa nai, sempre rifaba
se vía que con laca se peiteaba!

Pois o aire enrarecía
e a atmosfera fería!

Todo quería reciclar
e á xente ensinar!

Pero, como era pequena,
non a querían escoitar!

Ela sempre o intentataba
pero case nunca o acababa!

Así que unha cousa decidiu.
Moito, moito ía estudar!

Mestra quería ser
e ensinar á terra querer!

Mentres, faría un papaventos
cunha cola con moito movemento!

Alí poñería papeliños,
con moitos conselliños!

En cada cidade un caería,
algún neno o lería!

E… entón, aprendería
a ser mellor cada día.

A Terra  queixase
de que xa se sente vella!

Que nós a descoidamos
e a maltratamos!

A súa auga contaminamos,
os males costumes temos que deixalos!

Sempre nos recorda con tristura
que e vida e beleza e dozura!

Por iso ela,  séntese morrer
e quérenos advertir !

Se non curamos da súa ferida,
perderémola enseguida!


O planeta está na túa man,
el sempre nos deu pan!

Imos salvalo e coidalo,
comprometestes a axudalo?





Actividades

  • Que farías ti para salvar o planeta?
  • Como non malgastarías auga, pon exemplos.
  • Que materiais podes reciclar cada día?
  • Que mensaxe escribirías?
  • Escribe cinco nomes propios da poesía
  • Hai algún aumentativo ou diminutivo? Escríbeo
  • Escribe catro adxectivos do poema.
  • Separa en  sílabas as palabras dos dous primeiros versos



miércoles, 13 de noviembre de 2019

Sira trae auga reciclada de Australia

A nosa compañeira Sira, que ten a seu pai traballando por Australia,  cando fala con el, cóntalle o que estamos aprendendo no cole. El descubriu algo especial  sobre a auga e  mándolle un agasallo. Ela quixo compartilo con nós!


Escoitade o que nos conta!




Decidimos probar a auga. Sira repartiuna entre todos.



O brindis non podía faltar por esta fabulosa idea!!!





Sira foi unha idea estupenda! Grazas


viernes, 8 de noviembre de 2019

Como facer copos de neve

Xa chegou o frío e con el as primeiras nevaradas. Como ben sabedes, cando neva a auga cae en forma de copos de neve ( auga en estado sólido).

Por si quedes, facer copos de neve esta fin de semana, aqui vos deixo como facelos.

Listaxe de material:

  • Papel branco, de cor, de revista, de periódico...
  • Tesoiras
  • Plantilla ou modelo


Son moi fáciles de facer, podedes probar cos modelos do debuxo de arriba ou inventar uns novos. O único que debedes  seguir sempre son os pasos do plegado do papel.


Para que vos sexa máis doado mirade este vídeo e pedide axuda a un maior!

Anímate facelos! Podes traelos ao cole, servirannos de adornos de Nadal.

jueves, 7 de noviembre de 2019

Experimentamos coa auga as unidades de medida: litro, medio litro e cuarto de litro

Seguindo co proxecto: Unha pinga de auga, pareceunos moi importante experimentar as unidades de capacidade.

Non o dubidamos e mans a obra!



Pensamos que é unha bo xeito de interiorizar este concepto un pouco abstracto para as súas idades.

miércoles, 6 de noviembre de 2019

lunes, 4 de noviembre de 2019

Tipos de auga

Apende máis sobre a auga: Tipos de auga

Existen diferentes tipos de auga dependendo da procedencia e o uso que lles demos:

  • Auga potable é a que pode ser consumida por as persoas e animais sen contraer enfermidades.

  • Auga salgada é a auga que conten moitas sales e en cantidades elevadas.

  • Auga salobre é a que ten sales pero en menor cantidade que a auga do mar.

  • Auga doce é a auga natural con pouca cantidade de sales.

  • Augas grises é a auga doméstica despois de ser contaminada por diversos usos: lavar, baño, cociñar..

  • Augas negras é a auga contaminada con residuos domésticos, industriais.

  • Augas mortas: auga con pouca ou ningunha circulación.

  • Auga estancada: auga inmóbil de determinadas zonas dun río, lago, estanque...

  • Auga subterránea: auga que se atopa ocultas baixo o solo

  • Auga superficial: auga que se atopa sobre a terra  e que podemos ver.

jueves, 24 de octubre de 2019

martes, 22 de octubre de 2019

Precisamos auga para vivir!


Cantos días podes vivir sen beber auga?

Unha persoa pode sobrevivir só de tres a cinco días sen auga, nalgúns casos moi raros hasta unha semana.




A falta de auga no noso corpo poder ser a diferenza entre a vida e a norte.







Canto e cando temos que beber?

Se estamos inactivos entre 8 e 10 vasos ( 2 a 2,5 litros)

Se estamos activos entre 10 e 12 vasos( 2,5 a 3 litros)

Non te esquezas de beber antes de facer exercicio, durante o exercicio e despois do exercicio.

Pero…. Que  é a sede?

É un síntoma natural que nos envía o cerebro  da falta de auga no noso organismo.  

Manter os niveis axeitados de auga no noso corpo é fundamental!!!!

Recorda que a auga, é o principal compoñente do noso corpo que  está composto nun 65%  de auga.

jueves, 17 de octubre de 2019

Experimentamos: A auga ten pel


Irene, andivo facendo experimentos coa auga na súa casa e quixo compartilos con todos.

Trouxo  os materias precisos:
  • Recipiente
  • Auga
  • Pementa en po
  • Xabón
Mirade como fixo e  que ben o explicou! A atención era máximaaaa

Comprobamos se entenderon que sucedeu.  Mía explícao así de ben!



Encántanos ver o atentos que estades e o moito que aprendedesss

Graciñas Irene pola túa iniciativa e por compartila!

miércoles, 16 de octubre de 2019

lunes, 14 de octubre de 2019

Como cambia a auga dun estado a outro?

AUGA é a única sustancia na Natureza que pode atoparse tanto en forma sólida, como líquida ou gaseosa. Os cambios de estado da AUGA prodúcense pola cercanía das súas moléculas. Canto máis próximas se atopan as moléculas entre sí, a AUGA adopta o estado sólido; cando están máis separadas, asume o estado líquido  e cando están moi afastadas está en estado gasoso.  


Pero, por que sucede?

- Porque a auga arrefeíase ou quence. 

Vexamos como acontece: