Mostrando entradas con la etiqueta Tema 1 C. Sociais 2º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 1 C. Sociais 2º. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de noviembre de 2019

Poesía: A nena que salvou o planeta

A nena que quería salvar o planeta

Isto érase , que se era
unha neniña calquera.

Soñaba esperta
con salvar o planeta!

Era unha nena moi lista,
ademais dunha artista!

Con cordas, latas, tacholas
facía lindas marionetas!
  
Os cartóns e caixas usaba
para facer casas de fadas!

E con moita arte pintaba
e con macarróns decoraba!

A auga non malgastaba,
pois sabía que se necesitaba.

As plantas e animais morrían
se auga non bebían!

As luces pronto apagaba,
malgastala luz lle molestaba!

Á súa nai, sempre rifaba
se vía que con laca se peiteaba!

Pois o aire enrarecía
e a atmosfera fería!

Todo quería reciclar
e á xente ensinar!

Pero, como era pequena,
non a querían escoitar!

Ela sempre o intentataba
pero case nunca o acababa!

Así que unha cousa decidiu.
Moito, moito ía estudar!

Mestra quería ser
e ensinar á terra querer!

Mentres, faría un papaventos
cunha cola con moito movemento!

Alí poñería papeliños,
con moitos conselliños!

En cada cidade un caería,
algún neno o lería!

E… entón, aprendería
a ser mellor cada día.

A Terra  queixase
de que xa se sente vella!

Que nós a descoidamos
e a maltratamos!

A súa auga contaminamos,
os males costumes temos que deixalos!

Sempre nos recorda con tristura
que e vida e beleza e dozura!

Por iso ela,  séntese morrer
e quérenos advertir !

Se non curamos da súa ferida,
perderémola enseguida!


O planeta está na túa man,
el sempre nos deu pan!

Imos salvalo e coidalo,
comprometestes a axudalo?





Actividades

  • Que farías ti para salvar o planeta?
  • Como non malgastarías auga, pon exemplos.
  • Que materiais podes reciclar cada día?
  • Que mensaxe escribirías?
  • Escribe cinco nomes propios da poesía
  • Hai algún aumentativo ou diminutivo? Escríbeo
  • Escribe catro adxectivos do poema.
  • Separa en  sílabas as palabras dos dous primeiros versos



viernes, 8 de noviembre de 2019

Como facer copos de neve

Xa chegou o frío e con el as primeiras nevaradas. Como ben sabedes, cando neva a auga cae en forma de copos de neve ( auga en estado sólido).

Por si quedes, facer copos de neve esta fin de semana, aqui vos deixo como facelos.

Listaxe de material:

  • Papel branco, de cor, de revista, de periódico...
  • Tesoiras
  • Plantilla ou modelo


Son moi fáciles de facer, podedes probar cos modelos do debuxo de arriba ou inventar uns novos. O único que debedes  seguir sempre son os pasos do plegado do papel.


Para que vos sexa máis doado mirade este vídeo e pedide axuda a un maior!

Anímate facelos! Podes traelos ao cole, servirannos de adornos de Nadal.

jueves, 7 de noviembre de 2019

Experimentamos coa auga as unidades de medida: litro, medio litro e cuarto de litro

Seguindo co proxecto: Unha pinga de auga, pareceunos moi importante experimentar as unidades de capacidade.

Non o dubidamos e mans a obra!



Pensamos que é unha bo xeito de interiorizar este concepto un pouco abstracto para as súas idades.

lunes, 4 de noviembre de 2019

Tipos de auga

Apende máis sobre a auga: Tipos de auga

Existen diferentes tipos de auga dependendo da procedencia e o uso que lles demos:

  • Auga potable é a que pode ser consumida por as persoas e animais sen contraer enfermidades.

  • Auga salgada é a auga que conten moitas sales e en cantidades elevadas.

  • Auga salobre é a que ten sales pero en menor cantidade que a auga do mar.

  • Auga doce é a auga natural con pouca cantidade de sales.

  • Augas grises é a auga doméstica despois de ser contaminada por diversos usos: lavar, baño, cociñar..

  • Augas negras é a auga contaminada con residuos domésticos, industriais.

  • Augas mortas: auga con pouca ou ningunha circulación.

  • Auga estancada: auga inmóbil de determinadas zonas dun río, lago, estanque...

  • Auga subterránea: auga que se atopa ocultas baixo o solo

  • Auga superficial: auga que se atopa sobre a terra  e que podemos ver.

jueves, 24 de octubre de 2019

martes, 22 de octubre de 2019

Precisamos auga para vivir!


Cantos días podes vivir sen beber auga?

Unha persoa pode sobrevivir só de tres a cinco días sen auga, nalgúns casos moi raros hasta unha semana.




A falta de auga no noso corpo poder ser a diferenza entre a vida e a norte.







Canto e cando temos que beber?

Se estamos inactivos entre 8 e 10 vasos ( 2 a 2,5 litros)

Se estamos activos entre 10 e 12 vasos( 2,5 a 3 litros)

Non te esquezas de beber antes de facer exercicio, durante o exercicio e despois do exercicio.

Pero…. Que  é a sede?

É un síntoma natural que nos envía o cerebro  da falta de auga no noso organismo.  

Manter os niveis axeitados de auga no noso corpo é fundamental!!!!

Recorda que a auga, é o principal compoñente do noso corpo que  está composto nun 65%  de auga.

lunes, 14 de octubre de 2019

Estados da auga

A auga podemos atopala en tres estados:


     

      Xeo, neve, saraiba,        Ríos, mar, lagos,        Vapor de auga

      iceberg                            choiva, orballo

Nesta imaxe vemos a auga nos tres estados, podes recoñecelos?


Prestade atención as explicacións de Camaleón!



Segúndo estado en que se atope a auga as súas moléculas compórtanse de xeito diferente:


Estado sólido: As moléculas están moi cerquiñas unhas das outras e móvense lentamente.






Estado líquido: As moléculas están mais separadas unhas das outras e móvense rápido.








Estado gasoso: As moléculas están  moi distantes unhas das outras e móvense a moita velocidade.





E agora imos xogar a ser moléculas de auga nos seus distintos estados. 
Estades preparados?

Cadernillo: Unha pinga de auga

domingo, 13 de octubre de 2019

Experimentamos: A auga vai de viaxe

Comezamos a sesión cun experimento motivador.

Mollamos o chan .


Que pasou?  A onde se foi a auga?



A auga evaporouse e agora está no aire.

De que está formada a auga?

Está formada por unhas partículas moi, moi pequenas, que non podemos ver a simple vista. Chámanse MOLÉCULAS

Como imaxinades que son estas moléculas?



Imos a representalas con boliñas pequenas feitas de papel de aluminio.


Cando se van, van todas xuntas?
Non, marchan de unha en unha e pouco a pouco, por iso o chan no se seca de súpeto.





Agora  xa sabemos que a auga está formada por MOLÉCULAS.

Como se representan? Moi fácil, imos a coñecer a súa fórmula  que nos vai dar moitas pistas

Esta é fórmula da auga.


Como indica a súa fórmula H2O,  cada molécula da auga ten tres átomos, dous de hidróxeno e un de osíxeno.




Somos moléculas de auga!!!






Para rematar imos xogar a ser moléculas de auga e movernos libremente pola clase.





Canto aprendemos experimentando e xogando!!!


Aprendemos a facer esquemas

Como investigamos moito sobre onde podemos atopar a auga...




Estivemos practicando como facer un esquema co que aprendemos.










domingo, 6 de octubre de 2019

Conto:Gotiña de auga, folerpiña de neve

Lemos e comentamos

Había unha vez unha gotiña de auga que soñaba con chegar a converterse en neve e cubrir de branco as pradarías do campo. Pasaron anos ata que unha gran seca baixou tanto o nivel de auga do lago en que vivía que a nosa gotiña se evaporou, subindo arriba, arriba, ata o ceo. Alí formaba parte dunha pequena nube, e en canto fixo un pouco de frío, buscou a primeira campiña para deixarse caer e cubrila de neve.

Pero só era unha folerpiña de neve, e en canto tocouo chan, apenas pasaron uns segundos antes de derreterse de novo, e alí tocoulle esperar outra vez ata que os raios de sol volveron levala de viaxe ata unha nube branca e repoluda. Alí, sen desanimarse polo seu primeiro fracaso, a gota volveu deixarse nevar en canto puido, pero novamente, ao cabo duns poucos segundos xa se derretera completamente.

Varias veces volveu evaporarse, outras tantas transformouse en folerpiña de neve, e as mesmas veces fracasou no seu intento de cubrir os campos e abas das montañas. Finalmente, foi parar a unha gran nube, onde millóns de gotiñas de auga se amontoaba. A pesar de ser xigantesca, naquela nube estábase bastante incómodo, pois unhas cantas gotas parecían dar ordes a todo o mundo, e as obrigaban entre un gran barullo xuntarse moito:

– As gotas máis grandes abaixo!, as lixeiras arriba!. Veña, veña, veña! non hai tempo que perder....

Entón pensou en deixarse caer de novo, pero unha gotiña simpática e divertida, freouna dicindo:
- ¿ Onde vas?! É que non queres participar?
E ao ver o xesto de sorpresa da nosa gotiña, explicoulle que se estaban a preparar para unha gran nevada.
- A todas as gotiñas que estamos aquí nos encanta ser folerpiñas de neve durante moitos días, por iso xuntámonos nesta nube. Hai anos, intentei varias veces nevar pola miña conta, ata que descubrín que non podería facelo soa. E encontrei esta nube xenial, onde todas axudamos un pouquiño, e grazas a
todos eses pouquiños conseguimos facer as mellores nevadas do mundo!

Pouco despois ambas as dúas gotiñas voaban polo ceo en forma de folerpas de neve, rodeadas de millóns e millóns de folerpas que cubriron as verdes pradarías de branco. E con inmensa alegría comprobou a nosa gotiña, que cando todos colaboran pode conseguirse ata o que parece máis imposible.
                                   
                                        Pedro Pablo Sacristán

Xustificacion da P.D.I: Unha pinga de auga