Mostrando entradas con la etiqueta Titoría 2º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Titoría 2º. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de septiembre de 2019

O noso primeiro día de curso


Así comezamos unha nova aventura.

Rematadas as vacacións, xa estabamos desexando  vernos de novo, estar cos amigos e contarnos  como nos foi no verán.

Este ano cambiamos de aula, os compañeiros de 2º A teñen mestra nova  e os de 2º B seguimos coa mesma.

Charlamos un chisco, acomodamos parte de material e decoramos a porta da aula.


Seguimos montando o calendario do tempo co que imos traballar todos os días.



Que fermoso nos quedou!!












E rematamos recordando as formas xeométricas e a resta cos seus términos e a escaleira da casa que ten o ascensor vello que soamente pode subir e nunca baixar! 


Que ben o pasamos!

Horario da aula de 2º A


martes, 10 de septiembre de 2019

Comezamos o curso !


Benvidos!!!
Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión e con forzas renovadas.

Esperamos acadar os obxectivos programados, unha aprendizaxe académica axeitada  e afianzada en valores.

De antemán, contamos coa colaboración e implicación de tod@s, pais, nais, rapaces e mestres, xa que xuntos conseguiremos que os cativos sexan os verdadeiros protagonistas da súa aprendizaxe.

Este curso vai estar cargado de novas aventuras!!!

sábado, 7 de septiembre de 2019

Lista de material


Este vai ser o material que imos precisar para este curso
  • Libros de texto, forrados e co nome posto por fóra.
  • 1 Estoxo pequeno para o lapis, goma, tesoira e pegamento.
  • 1 Estoxo con dous compartimentos para ceras e rotuladores.
  • 2 Lapis nº 2 staedler
  • 2 Gomas grandes de NATA
  • 1 Tesoira de puntas romas.
  • 1 Caixa de 12 ceras Plastidecor
  • 1 Caixa de 12 rotuladores finos.
  • Unha caixa de ceras 15 Manley.
  • 1 bloc de cartolinas cores
  • 2 sobres de plástico A 4
  • 3 Libretas tamaño cuartilla cuadrícula 5mm tapa de cartón.
  • 1 Axenda tamaño cuartilla.
  • 1 Caixa de Keenex ( Clinex)
  • 6 Carpetas  de plástico tamaño folio con solapas: azul, vermello, verde, laranxa, lila e amarelo.
  • 1 Paquete de 100 folios de 80 g brancos.
  • 1 Pliego de papel de  regalo
Para inglés
  • 1 Carpetas  de plástico tamaño folio con solapas
  • 1 Libreta pequena cuadrícula 6mm
  • 2 Lapis nº 2 staedler
  • 1 Gomas grandes de NATA
TODO O MATERIAL QUE TEÑADES NA CASA DO CURSO PASADO HAI QUE RECICLALO, NON É PRECISO COMPRAR TODO NOVO.
O MATERIAL TEN QUE TRAER O NOME DO ALUMNO.

Comezamos un novo curso!


A volta ao cole está case, case aquí.

Nós comezaremos o mércores 11, ainda  que as  mestras, Paula e M. José,  xa levamos uns días preparando unha morea de cousiñas para vós.

Temos moitas ganas de comezar e descubrir as novas aventuras que nos agardan este curso.

Esperámosvos o mércores!!!!