Así comezamos unha nova aventura.
Rematadas as vacacións, xa estabamos desexando vernos de novo, estar cos amigos e contarnos como nos foi no verán.
Este ano cambiamos de aula, os compañeiros de 2º A teñen mestra nova e os de 2º B seguimos coa mesma.
Charlamos un chisco, acomodamos parte de material e decoramos a porta da aula.
Seguimos montando o calendario do
tempo co que imos traballar todos os días.
Que fermoso nos quedou!!
E rematamos recordando as formas xeométricas e a resta cos seus términos e a escaleira da casa que ten o ascensor vello que soamente pode subir e nunca baixar!
Que ben o pasamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario