Mostrando entradas con la etiqueta 1º Trimestre C. Naturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º Trimestre C. Naturais. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de febrero de 2020

Animais domésticos e de granxa

Vamos a empezar polos animais que temos cerquiña: os animais domésticos e de granxa. Verdade que coñecedes moitos?

Os animais domésticos son os que poden convivir cos humanos sen facerlles dano.
Axudan aos homes de diferentes xeitos:

  • Transporte: cabalo, burro, boi


  • Alimento: pato, polo, vaca, pavo, coello, porco
Non os confundas cos animais salvaxes!  
Os animais salvaxes viven no seu medio natural, por exemplo:Tigre, raposo, león, puma




No caderno, fai unha listaxe de animais de granxa e outra de animais doméstico.

Recorda escribir os nomes en galego, e non te esquezas de  por as comas separando os nomes e no último, Que tes que por?

Adiante, seguro que fas unha listaxe inmensa!!!

jueves, 7 de noviembre de 2019

O nome dos dedos da man

O nome dos dedos da man, en galego, teñen uns nomes moi especiais e divertidos.

Imos coñecelos!!!



E para que os recordedes moi, moi ben, podedes facelo cantando!!!

Veña cantaríns e cantarinas, o luns temos que sabelaaaaa


miércoles, 6 de noviembre de 2019

Cantamos!!!

Para que recordedes algunhas das cousiñas que temos aprendido da auga, esta canción vai moi ben.


Repasa o nome dos ósos de dos músculos




Aprende os músculos e os ósos xogando

Xoga mestras aprendes onde están os músculos e ósos do noso corpo!



Os músculos do nosos corpo

Os músculos son órganos que cubren os ósos e danlle forma ao corpo. Son brandos e flexibles.

O conxunto de músculos do corpo coñécese como a musculatura.

Pero... onde están os músculos?
Están en todo o corpo escondidos entre a pel e os ósos.

Sabías cantos ósos ten o noso corpo?
Ten máis de 650 músculos e todos son moi importantes!!!

Os músculos son moi importantes porque a súa misión e tirar dos ósos para que poidamos movernos ou desprazarnos. Sen os músculos non nos poderíamos mover, estaríamos sempre deitados.

Cada vez que andamos, corremos, rimos, masticamos, respiramos, bailamos... ou facemos calquera movemento varios músculos do noso corpo entran en acción.




Aprende os principais músculos do teu corpo



INVESTIGA:
  1. Cal é o músculo de maior tamaño do noso corpo e onde se atopa.
  1. Cal é o músculo que ten o nome máis longo de todos e onde se atopa.

miércoles, 23 de octubre de 2019

Canto sabes ?

Comproba se sabes o nome de todos estes ósos!!

Que é o esqueleto? 
Para que serve?
Cantos ósos temos?
Como son os ósos?


Curiosidades do esqueleto humano

Como xa sabemos que o esqueleto é o conxunto de todos os ósos do noso corpo... e xa sabemos os nomes dos máis importantes....

Hoxed imos aprender algunha curiosidade do esqueleto.

Estade moi atentos que seguro vos ides sorprender!


domingo, 20 de octubre de 2019

Os ósos das extremidades inferiores

Seguimos descubrindo os ósos que nos soteñen e dan forma ao noso corpo.

Hoxe imos descubrir os ósos das extremidades inferiores.