En primeiro lugar, gustaríame agradecervos a gran acollida que teñen as actividades propostas dende a titoría. Sabedes que esta situación excepcional provocou
que tivésemos que modificar moitos aspectos á hora de desenvolver as tarefas.
Pero estou moi orgullosa da vosa resposta e do gran esforzo que están facendo as familias.
Desta forma, quérovos ensinar algúns dos marabillosos resultados. Neste
caso sobre a tarefa 2, do proxecto “A torre Eiffel”:
Preparados/as para quedar
abraiados/as?
Moitas grazas por remitirme as imaxes, así podemos ver diferentes propostas. Todas son marabillosas!!
Finalmente, tal como se indica na planificación, o venres 3 de marzo teredes nunha nova entrada as instrucións para desenvolver a tarefa 3 do proxecto "A torre Eiffel".
No hay comentarios:
Publicar un comentario