Comezamos un novo día de traballo. Imos seguir un pouco as rutinas da aula.
Primero imos correxir as tarefas.
Sabemos que sodes uns investigadores marabillosos, pero tedes que comprobar que as vosas indagacións son axeitadas.
As aves
Compara e corrixe se é preciso
ESQUEMA
O voso esquema poder ser diferente a este. O importante é que teña os memos contido. Completa se é preciso. Agora estúdiao!!!
Galego
Os antónimos
1.- Marca con X e fai parellas de antónimos
Acabar- empezar
Quitar- dar
Baixar- subir
Desfacer - facer
2.- Cambia a palabra destacada por un antónimo
Doado- difícil
Nunca - sempre
Poucas - moitas
3.- Completa a adiviña
Calor sempre, pero frío nunca dá,
acendido si, porque apagado non está,
a el pódeste achegar,
máis non lle debes tocar.
A comparación
1.- -Contesta
Laura é menos alta que Xavier.
Isabel é igual de alta que Xavier.
Isabel é máis morena que Laura.
Ortografía
1.- Rodea de azul as palabras con r suave de vermello as que levan o son forte.
Berta e Miguel saían da casa e ruaban ata chegaren onda o mar. Corrían ata os piñeirais da ladeira e choutaban nas rochas, porque a ledicia do verán os facía medrar para arriba.
2.- Con r ou rr
inverno perruca aventura sorrir carnaval rabaño
As contraccións
1.- Une e forma oracións
Teño unha amiga moi divertida.
Disfraceime de pantasma cunha saba branca.
Esa é a chaqueta dunha prima miña.
2.- Completa as oracións
Tomo os cereais nunha cunca.
Mario cose a tea cunha agulla de fío verde.
As pinturas están gardadas nunha caixa.
Esta é a folla dunha maceira.
3.- Sopa de letras
E N R A X O
B U N H A G
T N M N Z P
I H C U V E
S A L C Q F
Ñ A H N U D
Bo traballo rapaces!
Agora seguide co traballo que tiñades preparado para o día de hoxe
Facede un descanso, mentras podedes ir bailando a canción que temos entre mans.
E para rematar, ides a ser escritores. Mirade a entrada seguinte que volo explica todo.
Este aplauso para vos e as vosas familias!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario