Mostrando entradas con la etiqueta Plástica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plástica. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de marzo de 2020

Fabricamos xoguetes?

Se tes un ratiño e queres facer xoguetes ti mesmo, non o dubides en porte mans a obra. É moi fácil, só tes que ter un chisco de paciencia.



Necesitas: papel, pegamento, fío ou cinta e as túas manciñas

Como se realiza?
  1. Colle un papel cadrado
  2. Vai dobrando como se indica nas imaxes

  3. Decora como queiras
  4. Pega un extremo  da cinta no fondo do cubilete  e no outro extremo do fío pega unha bola de papel.
  5. Listo para xogar.
  6. Colle o cubilete na man e tenta meter a bola dentro.
Tamén podes elixir facelo con materias de refugallo ( pide axuda a un maior para cortar a botella)
Desfruta con este novo xoguete e compárteo cos teus!

miércoles, 11 de marzo de 2020

domingo, 3 de noviembre de 2019

Taller de Samaín: Os homiños de albal

Estamos metidos de cheo na reciclaxe, como medida para evitar o cambio climático dentro da P.D.I. " Salvemos o planeta" e estamos traballando en C. Naturais, o noso corpo, pareceunos que podíamos facer a figura humana aproveitando o papel albal dalgunhas merendas.

Así o fomos facendo. Mirade !




Que contentos quedamos! 



Foi un taller moi chulo!

jueves, 17 de octubre de 2019

Rematamos as follas do outono!


Coas follas pintadas, decidimos facer un tendal con elas.

Pero, como podemos colgalas sen que se rompan ?

Pegalas en folios coas cores do outono.  Dito, e feito!

 

Así  de chulas locen no tendal!!!!



sábado, 12 de octubre de 2019

Chegou o outono

Acaba de comezar o outono, vai  frío pola maña e pola noite,caen as primeira follas...

E como estamos traballando a reciclaxe, recollemos follas e utiizámolas para facer unha actividade de plástica: As follas máxicas.








Que fermosas nos quedaron!!!

Pero, aínda nos queda rematar actividade!

 Pensade un chisco como podemos presentala.

martes, 28 de julio de 2015

Debuxa

Faite un experto debuxante guiándote pola cuadrícula! Para velos mellor, pincha na imaxe.