jueves, 19 de marzo de 2020

Fabricamos xoguetes?

Se tes un ratiño e queres facer xoguetes ti mesmo, non o dubides en porte mans a obra. É moi fácil, só tes que ter un chisco de paciencia.



Necesitas: papel, pegamento, fío ou cinta e as túas manciñas

Como se realiza?
  1. Colle un papel cadrado
  2. Vai dobrando como se indica nas imaxes

  3. Decora como queiras
  4. Pega un extremo  da cinta no fondo do cubilete  e no outro extremo do fío pega unha bola de papel.
  5. Listo para xogar.
  6. Colle o cubilete na man e tenta meter a bola dentro.
Tamén podes elixir facelo con materias de refugallo ( pide axuda a un maior para cortar a botella)
Desfruta con este novo xoguete e compárteo cos teus!

No hay comentarios:

Publicar un comentario