Os puntos limpos son recintos situados no entorno das cidades, vila, pobos, aldeas e que serven para que os cidadáns poidan achegar os residuos producidos nos domicilios e que non poden ser recollidos polos servizos de recollida de lixo, polo seu tamaño ( residuos voluminosos) ou pola súa composición ( residuos perigosos).No punto limpo sepáranse os distintos residuos para facilitar o seu tratamento.
CALES SON OS OBXECTIVOS DO PUNTO LIMPO?
- Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
- Evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
- Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc.
- Desenvolver unha tarefa formativa e de concienciación cidadá sobre a importancia da adecuada xestión dos residuos.
QUE TIPO DE RESIDUOS PODO LEVAR AO PUNTO LIMPO?
- Papel e cartón
- vidro
- plásticos
- restos téxtis
- pilas e baterías
- tubos fluorescentes
- sprais e disolventes
- aceites usados
- medicamentos
- radiografías
- plásticos prodecentes de traballos agrícolas (silos, invernadoiros)
- terras e cascallos de obra
- restos de podas
- electrodomésticos
- mobles ou colchóns
- ... e calquera residuo que polo seu tamaño non poida depositarse nos contedores habituais da rúa.
QUE RESIDUOS NON PODO LEVAR AO PUNTO LIMPO?
- Materia orgánica: porque o lixo doméstico xa se recolle nos contedores verdes que podemos atopar nas rúas.
- Residuos industriais de grandes e medianas empresas: porque as grandes e medianas empresas xa teñen establecido un sistema de sestión dos residuos que producen.
- Residuos radioactivos.
- Materiais explosivos.
- Residuos sanitarios.
ONDE ESTÁ LOCALIZADO O PUNTO LIMPO DE A GUARDA?
O punto limpo está situado na zona da Sangriña, moi preto da piscina municipal, do cole, do instituto, do campo de fútbol.
QUE HORARIO TEN?De luns a sábado de 9:00 a 13:00
NON ESQUEZASO punto limpo é moi importante porque deste xeito evítase que o destino final dos nosos residuos sexan os vertedoiros, a rede de sumidoiros ou calquera outro punto de vertido incontrolado, favorecendo a protección e mellora do medio ambiente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario