Así que, imitando a
nena sueca Greta Thunberg que
iniciou a loita pola defensa do clima, nos unímonos a ela facendo esta marcha
verde.
O primeiro que fixemos foi ensaiar un chisco a formación do noso mural. Tamén fixemos as fotos de grupo.
De seguido, chegaron os nosos padriños e xuntos ensaiamos a canción " No matéis mi planeta, por favor"
E... chegou o momento de saír cara o Castelo de Santa Cruz!
Ali, atopámonos cos compañeiros dos coles Sinde, e Solanas, e Avelaíña!
Entre todos os asistentes cantamos!
Despois chegou o momento que máis nos gustou. Prantar a nosa landra dentro dun zapato vello como símbolo do noso compromiso co coidao e defensa do planeta!
Este é o noso lema!
E quedou así de ben plantado!
Foi unha actividade que nos encantou, ben seguro que recordaremos para a vida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario