martes, 1 de octubre de 2019

Que sabemos da auga?


Imos iniciar un novo proxecto “ Unha pinga de auga”

Como sempre queremos coñecer o que sabedes. 

Comezamos?

Por que o noso planeta ten vida?
-David: Por que ten auga

Por que se coñece como o planeta azul?
-Samuel: Está formado por moita auga.

De onde ven a auga?
- Sira: Da choiva, do mar.
De que cor é?
-Eva: Azul
-Mía: Transparente
-Irene: Blanca

A que sabe a auga?
-Santi: Salgada
-David: Doce
-Roi: A nada
-Adrián: Sosa

Onde podemos atopar a auga?
-Breogán: Do mar
-Sira: dos ríos
- Eva: Estanques, da praia
-Sabela:Lagos
-Irene: da piscina
-Santi: das fontes

Sempre é líquida?
-David: si
-Santi: si
-Adrián: Non, cando vai moito frío, faise sólida como o xeo ou a neve.
-Mía: É gasosa, cando coiñas a auga vai para arriba en forma de fume.

De onde sae a auga da choiva?
-Breogán: Do mar, do río

Que usos ten a auga?
-Pablo: Para beber, ducharte
-Emma: Lavar as mans, os dentes

Non todas as respostas son correctas, algunhas están incompletas.
A vosa misión vai ser ir descubríndoas pouco a pouco.

Moi ben rapaces!


No hay comentarios:

Publicar un comentario