Propómosvos unha actividade de plástica e lingua.
Primeiro faremos pareados dedicados ás persoas máis queridas
para nós ( pais, irmás, amigos, mestres...)
O pareado é unha forma de estrofa de dous versos que riman entre si. A rima pode ser anonante ou consonante.
Para facer os pareados, pensade en palabras que rimen con agasallos que lle poidades facer as persoas queridas: flor, libro, sorriso, abrazo, bico...
Exemplo:
Envioche un abrazo
envolto nun lazo.
Cando teñades o pareado feito, temos que debuxar un cómic e escribilo nun papel especial, A continuación facemos un sobre e metémolo dentro.
Veña, verdes que divertido vai ser!
Este é o meu pareado:
Con moito, moito cariño
mándovos un aloumiño!
No hay comentarios:
Publicar un comentario