martes, 24 de marzo de 2015

Que é un punto limpo?

Os puntos limpos son recintos situados no entorno das cidades, vila, pobos, aldeas e que serven para que os cidadáns poidan achegar os residuos producidos nos domicilios e  que non poden ser recollidos polos servizos de recollida de lixo, polo seu tamaño ( residuos  voluminosos) ou pola súa composición ( residuos perigosos).No punto limpo sepáranse os distintos residuos para facilitar o seu tratamento. 

CALES SON OS OBXECTIVOS DO PUNTO LIMPO?
  • Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
  • Evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
  • Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc.
  • Desenvolver unha tarefa formativa e de concienciación cidadá sobre a importancia da adecuada xestión dos residuos.

QUE TIPO DE RESIDUOS PODO LEVAR AO PUNTO LIMPO?
  • Papel e cartón
  • vidro
  • plásticos
  • restos téxtis
  • pilas e baterías
  • tubos fluorescentes
  • sprais e disolventes
  • aceites usados
  • medicamentos
  • radiografías
  • plásticos prodecentes de traballos agrícolas (silos, invernadoiros)
  • terras e cascallos de obra
  • restos de podas
  • electrodomésticos
  • mobles ou colchóns
  • ... e calquera residuo que polo seu tamaño non poida depositarse nos contedores habituais da rúa.

QUE RESIDUOS NON PODO LEVAR AO PUNTO LIMPO?
  •  Materia orgánica: porque o lixo doméstico xa se recolle nos contedores verdes que podemos atopar nas rúas.
  •  Residuos industriais de grandes e medianas empresas: porque as grandes e medianas empresas xa teñen establecido un sistema  de sestión dos residuos que producen. 
  • Residuos radioactivos.
  • Materiais explosivos.
  • Residuos sanitarios.

ONDE ESTÁ LOCALIZADO O PUNTO LIMPO DE A GUARDA?

O punto limpo está situado na zona da Sangriña, moi preto da piscina municipal, do cole, do instituto, do campo de fútbol.

QUE HORARIO TEN?De luns a sábado de 9:00 a 13:00

NON ESQUEZASO punto limpo é moi importante porque deste xeito evítase que o  destino final dos nosos residuos sexan os vertedoiros, a rede de sumidoiros ou calquera outro punto de vertido incontrolado, favorecendo a protección e mellora do medio ambiente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario