jueves, 19 de septiembre de 2019

Titúlame!


Entre todos os alumnos do cole estivemos buscando un título para a P.D.I. deste curso que vai tratar a conservación do Medio Ambiente.

Foron moitos os títulos propostos. O Equipo de biblioteca seleccionou sete para que  todos votemos o que máis nos gusta. Na entrada da biblioteca están expostos e ali faremos a votación.

Que temos que facer?
    1.     Ler os títulos.
    2.  Pensar cal deles lle vai mellor.
    3.    Memorizar o número que ten
    4.  Coller unha papeleta

    5.   Escribir o número do título que nos gustou dentro da nube.
    6.   Introducir a papeleta na urna.


O Equipo de biblioteca fará o reconto dos votos e pronto  teremos o títulooooo

Participa! O teu voto conta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario