Hoxe, achegouse a clase de 2º, Marcelo un monitor do programa REVITALIZA. Alí estabamos todos os alumnos de segundo impacientes esperando a súa visita.
De seguido convidounos a participar no xogo da miñoca.
Primeiro, dividímonos en catro grupos, e explicounos as regras de xogo.
Comezamos o xogo e fomos avanzando nas casillas e realizando as probas de reciclaxe que tocaban.
Seguimos avanzando casillas e... nalgunhas, Marcelo foinos ensinando e explicando a importancia duns bechiños que viven no composteiro para que a compostaxe se poida facer ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario