jueves, 5 de diciembre de 2019

A maxia dun conto

Hoxe na hora de ler tivemos unha visita moi especial: Un contador de contos!!!


Ese contador era nada máis e nada menos que o profe Gil

Pero non traía ningún conto, traía uns papeis!
Buscaba o texto do conto, pero non aparecía. Alí non había nada.


Que pasaría?

O profe colleu o papel e comezou a dobralo. 




Pouco a pouco foi tomando forma, fíxonos soprar ata que apareceu...








 Un barco de papel!







E... comezou a historia!!!
O barco navegaba co seu capitán, cando se súpeto apareceu unha tormenta, representada por unha tesoira. 



O capitán intentaba esquivala! Pero o barco foi alcanzado en varias ocasións.
Nós estivemos moi intrigados coa maxia deste conto ata o final.


Escoitade como segue a historia.



Pero, como o fixo? 
Imos buscar pistas nos anaquiños de papel que quedaron!


Graciñas profe Gil por facernos pasar uns minutos tan máxicos e cheos de ilusión!!!!

Volve pronto con máis historiasssss

No hay comentarios:

Publicar un comentario