jueves, 20 de febrero de 2020

Fomos a horta

No patio do cole temos unha pequena horta. 
Xa están sementados : allos, cebolas, brocoli, repolos, berzas, fresas...
Hoxe, a profe Lucia e Gil , ensináronnos como plantar as patacas.
Primero collemos o abono do composteiro e descubrimos unha miñoca!




O profe Gil explicounos como tiñamos que botar o abono e nós repartímolo moi ben.





 A profe Lucia, ensinounos a descubrir o grelo das patacas e como tiñamos que polo para que pronto comecen a nacer as plantas. 

Comezamos a plantar! Pero, o profe díxonos que tiñamos que acochala ben na terra, e fixémolo con moito coidadiño.



E patacas plantadas!!!! 


Foi unha experiencia xenial! Estamos desexando ver como nacennnnn

No hay comentarios:

Publicar un comentario