domingo, 16 de febrero de 2020

Traballando a Kandinsky

Rematamos as actividades relacionadas coa amizade e o amor descubrindo a Kandisky.



Investigamos  para descubrir a súa biografía, a súa traxectoria como pintor e quixemos imitalo pintando corazóns utilizando as cores preferidas del.




De seguido, pensamos en facer un mural, no que plasmar a información recabada e os nosos corazóns. Comezamos elixindo cartolinas de cores nas que pegar cada unha delas.


A continuación buscamos o xeito de colocar cada peza no mural tentando combinar as cores das cartoinas.

E pouco a pouco foi tomando forma.
















Rematamos o mural!

Quedou chulo, verdade?








Colocámolo no corredor para compartilo con todos!!!

Foi moi especial e fermoso o descubrimento de Kandinsky e a súa obra, tanto, tanto, que decidimos facer un cadro abstracto seguíndoo.




Sodes uns artistas xeniais!!!! Bo traballo rapaces

No hay comentarios:

Publicar un comentario