martes, 24 de marzo de 2020

Actividades de E. Física

A profe Rosa, recoméndanos facer exercicio!!

Sempre que queiras facelo, solo tes que ir a páxina principal e clicar na pestana E. Física


Este vídeo sírvenos tanto para lembrar a canción da mariola como para acompañar os nosos movementos á hora de saltar. Podemos aproveitar para palmear a parte acentuada que vai coincidir co -e- de minué, -gus- de gusta e -ce- de dance.




Agora vén o bo. Se tes posibilidade de marcar no chan cunha cinta adhesiva ou xiz unha cuadrícula de catro por catro, perfecto….tamén podes marcar unha soa fileira de catro cadros e traballar sobre ela. Se non é posible, non te preocupes, seguro que che vai gustar practicar os saltos laterais e os cambios de sentido por exemplo, no corredor de casa. Todo vale!! Lembra que o fundamental é traballar o movemento lateral intentando impactar os pés contra o chan ao mesmo tempo, a memoria e o sentido do ritmo. O máis importante é moverse, e se é posible, facelo con alguén máis da familia. Intenta memorizar os movementos pero...non desesperes...só ata onde sexas capaz, non intentes aprender todo dunha atacada, sempre que poidas, un pouquiño.



Sabías que o corpo se traballa tamén a través da mente? Para iso nesta ocasión imos utilizar a imaxinación. Busca un lugar cómodo e confortable da casa e déitate no chan, pouca luz e sen ruidos que nos poidan molestar. Reproduce o vídeo “El árbol encantado” e pecha os ollos, toca imaxinar, déixate levar. Podes facelo todas as veces que queiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario