lunes, 23 de marzo de 2020

Actividades de música

A profe Rosa envíanos estas tarefas para que as levedes a cabo durante estas semanas. 

Vamos acompañar estes sete esquemas rítmicos de negras e corcheas repetidos catro veces cada un respectivamente. Estes esquemas rítmicos están separados entre sí por unha espera de catro tempos, tranquilo...a pantalla vaiche indicar cando tes que empezar.

Recorda, seguimos tres pasos:

  1. Vocalizamos só as sílabas, ta para a negra e ti-ti para as corcheas.
  2. Vocalizamos as sílabas e acompañamos con palmas.
  3. Agora facémolo mentalmente e con palmas, sen dicir nada.
  4. Por último utilizamos algún instrumento de percusión ou algún obxecto casero que poidamos utilizar para acompañar.


Agora facémolo para acompañar a Danza da fada do azucre do crebanoces de Tchaikowsky. Seguimos os mesmos pasos que na actividade anterior pero antento, hai algún silencio por aí. Silencios de negra, que xa os coñeces, e o silencio de corchea un pouco máis complicado, non te preocupes...déixate levar pola demostración.




No hay comentarios:

Publicar un comentario