miércoles, 11 de marzo de 2020

Coñecemos o oso polar

Hoxe,os nenos de cinco anos, que son todos uns expertos, despois de investigar moito sobre os osos polares quixeron contarnos todo o que aprenderon!!!!


 Pouco a pouco e por parellas nos foron informando  onde viven, que son vertebrados moi grandes e que pesan uns 400Kg









Seguiron explicándonos que son mamíferos e que se alimentan de focas, peixes e cangrexos e como se camuflan para facelo.










Sorprendeunos moi descubrir que a súa lingua é morada e que son os animais que teñen o sentido do olfato mellor de todos os animais.



E o que máis nos impactou foi saber que teñen dúas capas de pelo, e que a máis externa é transparente pero chea de aire.

Bo traballo rapaces!!! Como nos gustou!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario