Acordádesvo da profe Lucia na biblioteca? Seguro que algún non. Para os que non a recordan e para os que non a coñecen querémosvola presentar.
Esta é Lucia, unha gran amante dos libros e das bibliotecas.
Encántalle contar contos e ler!!!
Desde agora, vai colaborar con nós contándonos contos, enviándonos outros para que leamos...
Hoxe, agaságanos con este fermoso conto:Animais domésticos.
Estades preparados para escoitalo?
Clica na imaxe e prestade moita atención!!!!
Traballamos un poquiño. Podes facelo oralmente ou escribir no caderno de cores.
- Gustouvos? Por que?
- Que animales aparecen no conto?
- Son domésticos ou salvaxes?
- Tenta cambiarlles ti o nome coma acontece no conto e seguro que te saen moi divertidos.
Se queres, escribe eses nomes tan chulos que inventaches con pintura, rotulador... nun papeliño que atopes pola casa: xornal, revista, de cor, de cociña... e mándanos unha foto para facer unha montaxe con eles.
Seguro que Lucia se vai por moi contenta cando o vexa.
Axúdanos a conseguilo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario