lunes, 30 de marzo de 2020

Tarefas de 2ºB (30 de marzo ao 3 de abril)

Comezamos a semana con enerxía!


Bo día nenas e nenos:
Que tal estades? Espero que moi ben!

Como ben sabedes, prolóngase o período de confinamento. Polo que continuaremos aprendendo mediante este medio.
A continuación, déixovos as tarefas recomendadas para a presente semana, que abrangue dende o 30 de marzo ao 3 de abril (poden acceder a ela pulsando na imaxe).



Para desenvolver as tarefas precisaredes, ademais dos materiais que tedes en casa, os seguintes: a folla de autoavaliación da materia de Ciencias Sociais, ficha de repaso de Matemáticas e tamén o modelo para facer a receita de Lingua Galega e Literatura.
Poden acceder ás mesmas pulsando nas imaxes que se recollen a continuación.

Folla de autoavaliación (Ciencias Sociais -Bloque "A localidade")


Ficha de repaso (Matemáticas).



Modelo para facer a receita (Lingua Galega e Literatura)

A
Aclaración: as tarefas pódense descargar e imprimir. Non obstante, non é necesario, xa que cada nena/o pode empregar o seu caderno de cores ou calquera folio que teña en casa para facelas.

Finalmente, non esquezan que teñen dispoñible a conta de correo para remitir as tarefas ou consultar dúbidas, se así o desexan.

Unha aperta virtual.

A titora de 2ºB.

No hay comentarios:

Publicar un comentario