miércoles, 15 de abril de 2020

Os peixes

Neste novo apartado vamos a descubrir como son os peixes.
Son animais vertebrados que viven na auga. Son ovíparos e teñen o corpo alongado e cuberto de escamas. As súas extremidades son as aletas que lles serven para nadar. Hai peixes de auga doce como a carpa e a troita, que viven en ríos e lagos. Tamén hai peixes de auga salgada, como a quenlla ou a sardiña e o xurelo, que viven en mares e océanos.

Le e fíxate!

No hay comentarios:

Publicar un comentario