Nenas e nenos:
As mestras de segundo, queremos informarvos que dende o 6 de abril ata o 13
de abril (ambos incluídos) terán lugar as vacacións de Semana Santa. Polo que,
aínda que estas ímolas pasar dun xeito diferente, todas e todos tedes a
oportunidade de dedicar esta semana para entre outras cousas desconectar das
mestras…
Este período de vacacións será diferente, pero como estades facendo ata o
momento, tedes que continuar dándonos unha gran lección de paciencia e
solidariedade quedándovos en casa.
Este é o momento para que sen a nosa guía aproveitedes para deixar saír a
vosa imaxinación e creatividade. Moitas veces, tedes diversas tarefas ou
actividades que desenvolver, por iso chegou o momento de que fagades todo
aquilo que sempre desexastes (sempre é cando as mamis e papis volo permitan).
Por exemplo: ler (recordade a biblioteca dixital e GaliciaLe), debuxar,
construír con obxectos da vosa propia casa, xogar cos vosos xoguetes, inventar historias, imaxinar problemas matemáticos con sucesos do
voso día a día, os recursos dos que dispón este blog, axudar nas labores do
fogar…
ABURRIRSE, que medo lle temos a esa palabra! Pero a nosa pregunta é,
coñecedes a multitude de beneficios que ten? Dende pequenos/as queremos que
aprendades o importante que é que teñades tempo para vos, e este é o momento.
Á volta o 14 de abril regresaremos, cargadas e cargados de enerxía para
afrontar a terceira avaliación. Oxalá sexa dende as aulas, pero iso é algo que
coñeceremos no futuro, segundo o que indiquen as expertas e expertos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario