miércoles, 1 de abril de 2020

Tarefas 1 de abril (2ºB)

Ola nenas e nenos:

Un día máis, aquí estamos! 
Como moi ben di a mestra de 2ºA comezamos novo mes: ABRIL. Polo que tede coidadiño, non vaia ser que vos fagan algunha bromiña.

Se observades a planificación de 2ºB, hoxe tedes dúas tarefas recomendables, estas son:

-Ciencias da Natureza: páx.: 12 e 13 do bloque "O mundo animal". Os que xa o tedes feito, non pasa nada, simplemente comprobade as vosas respostas. Os vídeos explicativos atoparédelos na entrada baixo o nome de "Tarefas 20 de marzo". Tamén podedes repasar mediante o LIM "As aves".

-Lengua castellana y  Literatura: pág.: 158 ej.: 2 y 3. La explicación la tenéis accediendo a: Temario L. Castellana 2º, tema 8 "Las onomatopeyas". Aunque las onomatopeyas ya las trabajamos mediante las lecturas, si alguno/a tiene alguna duda, puede consultármela y buscaremos una solución.

Non dubidedes en remitirme as tarefas ao correo electrónico, así podo ver o moito que traballades e efectuar propostas de mellora.

Por último, non esquezades ler un pouquiño. Para iso, recordade que tedes dispoñible  a plataforma GaliciaLe.

Unha aperta virtual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario