lunes, 27 de abril de 2020

Tarefas 2ºB Luns 27 de abril

Bo día:



Comezamos a semana cheos e cheas de enerxía e máis sabendo que xa podedes saír a dar paseíños. Que ben!!
Non obstante, non vos esquezades que temos que ser moi responsables coas normas de hixiene. Así como coas tarefas diarias.
Agora, botádelle un ollo á planificación do día de hoxe para poder comezar:



LUNES 27 ABRIL (2ºB)
Actividad globalizada: Diseñamos la salida de fin de curso.
    Tarea: reto 1.

Inglés:
Non vos esquezades de entrar no blog e comprobar se hai tarefas novas.
Por outra banda, recordade que as tarefas entréganselle directamente a mestra de Inglés mediante o seu correo electrónico.
Tempo de lectura:
Le en voz alta unha revista, xornal, conto… Como mínimo debes ler 10 minutos diarios. Tendo en conta os descansos que hai que facer nos puntos e comas. Tamén é importante que empregues unha entoación axeitada nas oracións interrogativas e exclamativas.


O material para desenvolver a actividade atoparalo na entrada "Tarefas semana 27 de abril ó 30 de abril (2ºB).".

Recorda que a conta de correo está dispoñible para que me preguntes as dúbidas que poidas ter, así como para remitirme os retos diarios.


Unha aperta virtual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario