jueves, 30 de abril de 2020

Tarefas 2ºB Xoves 30 de abril

Bo día campionas e campións:


Estades a piques de rematar a semana e como xa sabedes mañá (venres 1 de maio) é o Día da Festa do Traballo. Iso quere dicir que estades ante un día non lectivo e polo tanto non tedes que facer ningunha tarefa do cole.

Non obstante, non quero deixar pasar a oportunidade de felicitarvos polo que traballades diariamente. Tamén me gustaría que valorarades o traballo que desenvolven as vosas nais, pais... Grazas a elas e eles, tedes multitude de recursos a vosa disposición; sen esquecernos do máis importante: o moito que vos queren e coidan.

Polo que nunca está de máis agradecerlles o seu gran traballo, non cres?

A planificación para o día de hoxe é a seguinte:

XOVES 30 ABRIL (2ºB)
Actividad globalizada: Diseñamos la salida de fin de curso.
          Tarea: reto 4.
Inglés:
Non vos esquezades de entrar no blog e comprobar se hai tarefas novas.
Por outra banda, recordade que as tarefas entréganselle directamente a mestra de Inglés mediante o seu correo electrónico.
Tempo de lectura:
Le en voz alta unha revista, xornal, conto… Como mínimo debes ler 10 minutos diarios. Tendo en conta os descansos que hai que facer nos puntos e comas. Tamén é importante que empregues unha entoación axeitada nas oracións interrogativas e exclamativas.
Lingua Galega e Literatura:
Dende o luns 27 de abril, as nenas e nenos podedes saír a dar un pequeno paseo, acompañados dun adulto. Se algún ou algunha saíu a dar ese pequeno paseo debe reflectir nunha folla as sensacións que experimentou durante o mesmo (é dicir, explícame como te sentiches). Os que non foron dar o paseo, explicarán como se senten estando en casa sen poder saír.
O relato do voso paseo ou confinamento debe ocupar como mínimo 5 liñas.

O material para desenvolver o reto 4 atoparalo na entrada "Tarefas semana 27 ó 30 de abril (2ºB)".


Recorda que tes a conta de correo para expresar as túas dúbidas ou inquietudes e tamén para remitirme os retos. 

Unha aperta enorme traballadoras e traballadores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario