domingo, 26 de abril de 2020

Tarefas semana do 27 de abril ó 30 de abril (2ºB)


Bo día campionas e compións:

Que tal estades? Espero que xenial. J

Esta semana vai ser un pouco máis curta, xa que o venres día 1 de maio é festivo (Día da Festa do Traballo). Por iso as tarefas da semana que está a piques de comezar finalizarán o xoves (incluído).

Como estamos ante unha semana diferente a actividade que propoño tamén o é. En multitude de ocasións fixemos ao longo do primeiro e segundo trimestre (así como o ano pasado) actividades nas que tiñamos que integrar todo o aprendido nas diferentes materias. Polo que neste caso teño unha proposta para vós que consistirá en deseñar a vosa saída de fin de curso

Para iso, tedes que ter en conta todo o aprendido nas diferentes materias (lingua castelá e literatura, matemáticas, ciencias sociais, ciencias da natureza, plástica…).

No documento que se atopa a continuación encontraredes as instrucións necesarias para desenvolver a actividade, que está composta por un reto diario (tarefa diaria). Recordade, tedes que ler 3 veces cada tarefa-reto, xa que debemos comprender que é o que nos piden en cada un.



Ó final do documento, atoparán un cadro coa información relativa á entrega da actividade. Non obstante, non dubiden en consultarme as posibles dúbidas.

Estou desexando ver as fantásticas ideas que tedes para a saída de fin de curso. Deixar saír toda a vosa creatividade e imaxinación!!

Unha aperta enorme.


No hay comentarios:

Publicar un comentario