Facemos maxia
Hoxe imos facer maxia, para iso precisaremos: panos de mesa de papel ("servilletas"), un recipente con auga e rotuladores.
Para realizar a tarefa debes seguir os seguintes pasos:
- Paso 1: Visualizar o seguinte vídeo explicativo.
- Paso 2: Busca en casa os materiais para desenvolver a actividade.
- Paso 3: Pensa nunha idea, tendo como exemplo as que se sinalan no vídeo.
- Paso 4: Grava un vídeo introducindo o pano de papel no recipiente con auga para que poidamos ver a maxia. Tamén podes sacar unha fotografía.
Estamos ansiosas por ver a túa proposta plástica. Seguro que é marabillosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario