viernes, 22 de mayo de 2020

Plástica

Navegamos pola rede coa supervisión dun adulto:


Hoxe a tarefa da materia de Plástica será diferente, xa que imos escoller (coa axuda dun adulto) unha imaxe relacionada co pasado  Día das Letras Galegas (17 de maio).

Publicáronse multitude de imaxes, coa finalidade de conmemorar dito día. Por iso, efectuaremos unha recopilación das mesmas. Coa finalidade de coñecer os vosos gustos, inquietudes...

A imaxe escollida remitirase mediante a conta de correo da túa titora, acompañada dunha xustificación da túa elección. É dicir:

Escollin esta imaxe porque (inserir xustificación).

*Aclaración: é imprescindible que sinaledes a páxina web dende a cal obtiveches a imaxe e, se fose posible, o autor/a da imaxe.

A continuación evidenciase un exemplo da tarefa que tedes que facer:
Imaxe escollida:

Xustificación: 
Escollín esta imaxe porque reflicte o proxecto "Primavera das Letras", o cal ofrece diversos recursos para aproximar a figura do autor homenaxeado (Ricardo Carballo Calero) polo día das Letras Galegas.

Fonte:

No hay comentarios:

Publicar un comentario