jueves, 4 de junio de 2020

A natureza é unha marabillosa obra de arte!!!

Como ben sabesdes o Proxecto de Centro deste curso é " Salvemos ó planeta" 

Mañá, 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente
Para celebralo todos xuntos, desde o cole, propóñennos facer un LAND ART
O land art ou arte terrestre consiste en facer intervencións artistícas en espacios naturais usando os propios elementos que nos ofrece a natureza, sería como unha escultura ou arquitectura na paisaxe.
A proposta consiste en facer utipo de land art, "mandalas" con elementos naturais, podemos usar pedras, follas, paus, flores, area, cunchas, froitos secos, sementes… facendo unha composición circular, en espiral, con forma de radio (como a roda dunha bici), en forma de cruz… podedes usar un só material ou combinar varios.
Este traballo favorece a concentración, a creatividade, a orde, traballa conceptos matemáticos como a simetría, o tamaño… e sobre todo ofrece un efecto visual e emocional tanto no artista como no espectador.


A obra pode ser pequeniña ou moi grande!!! Non hai límites!


Participade!!! Podedes facelo na fin de semana.Seguro que ides facer cousas marabillosas!!!
DESPOIS FACERLLE UNHA FOTO E A ENVIADES A lucilipa@hotmail.com

(Unha foto soamemnte da mandala e a outra cos vós, os artist@s da obra).

No hay comentarios:

Publicar un comentario