Mostrando entradas con la etiqueta C.Sociais 2º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta C.Sociais 2º. Mostrar todas las entradas

martes, 31 de marzo de 2020

Tarefas 31 de marzo

Ola rapazas e rapaces:

2ºB
Aquí tedes as respostas a folla de autoavaliación das páxinas 5, 7, 10, 11, 12, 13 e 15 do bloque “A localidade” da materia de Ciencias Sociais:

1: A
2: B
3: B
4: C
5: A
6: A
7: C
8: A
9: B
10: A


Estou segura de que os resultados son fantásticos!

Non vos esquezades de revisar a planificación de 2ºB (atoparédela nas entradas anteriores) para desenvolver a tarefa que corresponde ao día de hoxe. É dicir, a páxina 3 e 4 da ficha de repaso de matemáticas. 

Anímovos a remitir os resultados  de ambas tarefas mediante o correo electrónico. Así, valorarei de xeito individual cada tarefa. Graciñas!

Unha aperta virtual.

lunes, 7 de octubre de 2019

Onde podemos atopar auga?


Xa sabemos que as tres cuartas partes da superficie do noso planeta a Terra están ocupadas por auga.

Pedro, onde a podemos atopar?





Imos investigar un chisco, seguro que se prestas moita atención a estes vídeos o descobres rapidiño!
Non te esquezas de anotar o resultado das túas investigación na libreta especial que temos! 





Descubre canto sabes!


martes, 1 de octubre de 2019

Conto " El señor de la lluvia"

Con este precioso conto ímos a iniciar un novo proxecto. "Unha pinga de auga"
Estamos seguras de que ides a experimentar  e aprender un montón de cousas!

Que sabemos da auga?


Imos iniciar un novo proxecto “ Unha pinga de auga”

Como sempre queremos coñecer o que sabedes. 

Comezamos?

Por que o noso planeta ten vida?
-David: Por que ten auga

Por que se coñece como o planeta azul?
-Samuel: Está formado por moita auga.

De onde ven a auga?
- Sira: Da choiva, do mar.
De que cor é?
-Eva: Azul
-Mía: Transparente
-Irene: Blanca

A que sabe a auga?
-Santi: Salgada
-David: Doce
-Roi: A nada
-Adrián: Sosa

Onde podemos atopar a auga?
-Breogán: Do mar
-Sira: dos ríos
- Eva: Estanques, da praia
-Sabela:Lagos
-Irene: da piscina
-Santi: das fontes

Sempre é líquida?
-David: si
-Santi: si
-Adrián: Non, cando vai moito frío, faise sólida como o xeo ou a neve.
-Mía: É gasosa, cando coiñas a auga vai para arriba en forma de fume.

De onde sae a auga da choiva?
-Breogán: Do mar, do río

Que usos ten a auga?
-Pablo: Para beber, ducharte
-Emma: Lavar as mans, os dentes

Non todas as respostas son correctas, algunhas están incompletas.
A vosa misión vai ser ir descubríndoas pouco a pouco.

Moi ben rapaces!